Skip to main content

Directorio de casos de excelencia de pemes galegas internacionalizadas

Con este directorio o Igape quere desenvolver unha estratexia activa de recoñecemento empresarial no ámbito da internacionalización, que sirva de efecto espello para o resto de pemes: exemplificación de procesos de internacionalización de empresas galegas como vía de aprendizaxe, así como recoñecemento institucional ás empresas que máis destacaron en distintas áreas ou facetas de internacionalización (inicio exportación, empresa exportadora habitual, implantación internacional, traxectoria internacional,..).

As empresas interesadas en formar parte deste directorio, poden manifestalo enviando un email a ccv@igape.es coa seguinte información: nome de empresa, persoa de contacto, teléfono e email.

Entre os beneficios que pode aportar ás empresas a participación neste directorio están: reforzo da propia imaxe, visibilidade da súa profesionalidade e calidade, reforzo da súa credibilidade e mellora da súa imaxe de marca, incremento de notoriedade, publicidade gratuita,... O traballo de recollida de datos e maquetación do directorio será realizado pola empresa Pricewaterhouse.
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)