Skip to main content

O palista galego e medallista olímpico, David Cal, recibe o Premio MARCA

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que David Cal representa os mellores valores de Galicia e propuxo buscar fórmulas de colaboración para contar coa súa experiencia no futuro.

Durante a entrega do galardón MARCA leyenda ao deportista, Feijóo lembrou que os galegos celebramos co piragüista cangués cada un dos seus éxitos como se foran de todos: cinco medallas olímpicas, cinco no campionato mundial e outras cinco nos europeos.

Ao longo da súa intervención, o responsable autonómico fixo fincapé en que Galicia non quere nin pode prescindir da súa experiencia, destacando o espírito de superación, de loita e de constancia do piragüista.

Feijóo concluíu felicitando a David Cal por todos os seus éxitos e recoñecendo a súa valentía non só en cada proba deportiva á que se ten enfrentado senón tamén para saber cando tiña que irse.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia