Skip to main content

O Partido Galeguista no Día da Muller Traballadora

1.- As mulleres traballadoras temos o dereito inalienable de percibir IGUAL SALARIO QUE OS HOMES POLO DESENVOLVEMENTO DO MESMO TRABALLO, cousa que ata o de agora non se contempla, xa que na DESIGUALDADE hai mulleres que chegan a cobrar caseque un 50% menos que un home no mesmo posto de traballo. A cifra do 20% menos na nómina feminina, é -polo de agora- considerada coma NORMAL nas empresas. Polo antedito, a IGUALDADE SALARIAL HOME-MULLER POLO DESENVOLVEMENTO DO MESMO TRABALLO, é unha das primeiras reivindicacións das mulleres do PARTIDO GALEGUISTA. Unha reivindicación A QUE TEMOS DEREITO, SEN MAIS, e que ten que estar recollida dentro das Leis do Estado e na nosa Comunidade Autónoma.
2.- As mulleres do PARTIDO GALEGUISTA, non reivindicamos CUOTAS SENÓN DEREITOS das traballadoras. Polo de agora, unha porcentaxe moi baixa de mulleres está ao fronte de postos de responsabilidade nas empresas. Moi poucas tamén detentan postos directivos e caseque de xeito testimonial son tidas en conta a hora das promocións internas das empresas cando entran en xogo postos de alta responsabilidade. ESTA SITUACIÓN TEMOS QUE SUPERALA CANTO ANTES coa forza e unidade do noso colectivo.
3.- Dende o Partido Galeguista denunciamos hoxe a presión, discriminación, acoso e mobbin ao que están sometidas moitas das mulleres traballadoras, lembrando deste xeito que é amplo o número de mulleres galegas que padecen malos tratos de xénero no seu eido laboral. Malos tratos e acosos que non poden denunciar para poder manter o seu posto de traballo aínda que sexa dún xeito precario e perigoso para a súa saúde física e mental.
4 .- As mulleres do Partido Galeguista, reivindicamos o cumprimento da Ley Integral contra a Violencia de Xénero, cando introduce que as mulleres que perdan os seus empregos a causa do maltrato que sufren no seu entorno doméstico e familiar, teñan O DEREITO a recibiren un subsidio.
5.- Nesta data do 8 de Marzo do 2005, o Partido Galeguista quere render unha merecida homenaxe a todas ás mulleres galegas, que dende a diáspora están a facer patria en Europa dende hai moitos anos. Hoxe coa unidade dos Estados Europeos e a piques de termos unha Constitución Europea, a nosa forza política non esquece que a vella Europa, ten raices galegas, gracias as mulleres do noso país que padeceron en anos moi difíciles a
EMIGRACIÓN e que, abandonando os seu lugar de orixe galego fixeron patria e bandeira,
traballando e contribuindo a engrandecer aos países onde recalaron e onde se convertiron en nais, avoas e parentes de consanguinidade de moitos cidadás franceses, ingleses, holandeses, suizos, alemáns - EUROPEOS- en definitiva, nesta data, vaia para elas -QUE FORON AS PRIMEIRAS CIDADÁS GALEGAS, DA HOXE EUROPA UNIDA- o noso agradedecemento eterno polo seu sacrificio e traballo.
Por todo o antedito e polo futuro do mundo dentro da IGUALDADE, os homes e mulleres do PARTIDO GALEGUISTA, comprometémosnos dende agora mesmo, a loitar por facer realidade OS DEREITOS DA MULLER TRABALLADORA, dende as tribunas políticas do país galego e do Estado Español. Para TODAS AS MULLERES TRABALLADORAS o PG reivindica XUSTIZA E IGUALDADE.

Secretaría Nacional da Muller do Partido Galeguista (PG)