Skip to main content

Agadic recibe á nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

O secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, recibiron en Santiago de Compostela os representantes da nova xunta directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), cos que mantiveron unha xuntanza sobre asuntos de política teatral e audiovisual relativos á profesión actoral.

A reunión, que se celebrou na sede da Agadic na Cidade da Cultura de Galicia, serviu, así mesmo, para a presentación formal de Vicente Mohedano e de Mabel Rivera, novos presidente e vicepresidenta, respectivamente, da AAAG.

Os dous profesionais encabezan desde o pasado 17 de xuño a renovada xunta directiva do colectivo que defende os intereses dos intérpretes galegos, órgano do que tamén entraron a formar parte Iria Sobrado, como secretaria, e os vogais Laura Míguez, Rebeca Montero, Ricardo de Barreiro, Guillermo Carbajo, Diego Freire e Federico Pérez.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia