Skip to main content

O PPdeG propón a Beatriz Soler, Ana Peón, Higinio Meijide e Luis de la Matta para o consello de administración da CRTVG

Estas catro persoas comparecerán o mércores, 22 de xullo, ante a Comisión de control da Compañía de Radio Televisión de Galicia co fin de confirmar a súa idoneidade para o cargo para o que se propoñen, de acordo co recollido na Lei 9/2011 de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.

BEATRIZ SOLER VÁZQUEZ-GUILLÉN

Nacida en decembro de 1973, é licenciada en Dereito pola Universidade San Pablo C.E.U. e conta cun máster en Xornalismo pola mesma universidade.

Entre os meses de abril e xuño de 1999 traballou na emisora da Cadena COPE en Madrid, e de xullo a xaneiro de 2000 na emisora da Cadena COPE en A Coruña. Durante o ano 2000 traballou na empresa Octo Europa Comunicación, colaborando co xornal El Mundo e a Cadena SER de A Coruña.

Posteriormente, foi redactora de El Ideal Gallego (decembro 2000-xuño 2001), e redactora de informativos e directora do magazine “La mañana de Cope-Coruña” (2001-2009).

En xuño de 2009 foi designada xefa de prensa da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, de onde en xullo de 2001 pasou a desempeñar o cargo de xefa de Gabinete de Presidencia e Comunicación da Deputación de Coruña.

ANA ISABEL PEÓN PIÑEIRO

Nacida en Lugo en 1966, é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Ao longo da súa carreira profesional, ten traballado ou colaborado nos xornais El Progreso, Diario de Galicia, El País e El Correo Gallego; así como na Axencia Galega de Noticias, en Radio Nacional de España e en Radio Obradoiro.

Así mesmo, foi conselleira técnica de Información no Ministerio da Presidencia (2001-2002) e no Ministerio de Sanidade (2002). Posteriormente, foi asesora de Comunicación da Presidencia do Senado (2002-2004), asesora do vicepresidente do Senado (2004-2005) e asesora do vicepresidente segundo e conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia (2005).

En novembro de 2005 foi elixida membro do Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), cargo que renovou en 2009 ata a actualidade.

No ano 1988 recibiu o Premio Galicia de Comunicación por traballos publicados en “Diario de Galicia”.

HIGINIO MEIJIDE GÓMEZ

Nacido en agosto de 1970, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi profesor de Dereito Constitucional, Autonómico e Orzamentario (1995-2003 e 2005-2006) e xefe de Estudos da área de oposicións (2001-2003) na Academia Postal en Santiago de Compostela.

Así mesmo, foi xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia (2003- 2005); e traballou como asesor xurídico para o Partido Popular de Galicia desde o ano 2006 ao 2009.

Desde xuño de 2009, é membro do Consello de Administración da Compañía da Radio Televisión de Galicia.

LUÍS DE LA MATTA CANTÓ

Nacido en outubro de 1981, é licenciado en Xornalismo pola Universidade Antonio Nebrija e conta cun diploma en Comunicación Audiovisual pola mesma universidade.

Desde o ano 2001 ten colaborado e traballado en xornais como ABC (2001-2004) e El Mundo-El Correo de Burgos de Castela e León (2005).

Posteriormente, foi coordinador en HRH Editores de Madrid (2005-2006) e desde 2007 desenvolveu diferentes funcións no Gabinete de Comunicación do Partido Popular de Galicia.

De xuño de 2009 a decembro de 2012 foi membro do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia e desde 2012 é membro do Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia.


Gabinete de Comunicación do PPdeG