Skip to main content

A oposición pide un informe xurídico sobre o pacto PPdeG-PSdeG para a renovación do Consello da CRTVG

Os mesmos grupos piden, igualmente, un ditame sobre a validez do acordo da Mesa da Cámara para esta renovación sen incluír de xeito simultáneo o proceso de escolla dun novo director o directora do ente público.

A solicitude se basea na Lei 9/2011 dos Medios públicos de comunicación audiovisual de Galiza na que se establece que a renovación dos consello de administración da CRTVG, do cargo de dirección do ente e a aprobación dun mandato marco deben realizarse ao mesmo tempo.

Sen embargo, o pacto entre PP e PSOE, de costas ao resto de grupos parlamentarios, só recolle a renovación do consello de administración, obviando o resto dos elementos que figuran na lei, o que suscita as dúbidas sobre a legalidade do acordo e as consecuentes decisións da Mesa da Cámara, de aí a solicitude do informe ao servizos xurídicos do Parlamento que reclaman os restantes grupos políticos.

Amais das dúbidas sobre a legalidade do proceso, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, instou ao PSOE a “recapacitar” e deixar de facer “o traballo sucio” ao PP, a quen entrega o control do ente de comunicación público con este pacto a cambio de que encontrar “acomodo” para persoal de confianza da dirección socialista.


Gabinete de Comunicación do BNG