Skip to main content

A Deputación da Coruña aproba a proposta de organización do goberno provincial, que suporá un aforro de 4 millóns de euros

A proposta aprobada hoxe contempla a baixada do salario do presidente, que pasa de 71.593 a 63.500 euros brutos anuais; da vicepresidenta, que pasa de 60.426 a 55.900 euros anuais e dos oito deputados/as con dedicación exclusiva, que pasarán dun soldo de 60.426 a 51.000 euros brutos ao ano. A media dos salarios políticos pasará así dos 61.000 aos 52.000 euros anuais.

Temén as asistencias a plenos e comisións se reducirán entre un 15 e un 19%, pasando dos 591 aos 500 € por pleno e de 370 a 300 euros para as asistencias a Xuntas de Goberno e Comisións Informativas, das que os deputados só poderán cobrar ademáis un máximo de tres ao mes, fronte ás catro do mandato anterior. Esto computará, segundo os cáculos do executivo, diminuír os gastos nuns 600.000 euros neste mandato.

En canto ao persoal eventual, éste reducirase de 32 a 26 persoas, baixando ademáis os seus niveis retributivos coa eliminación dos grupos máis altos (A28 e A26), o que suporá un aforro anual duns 92.000 euros neste concepto. Ademáis, cada grupo político dos seis representados na Corporación percibirá unha asignación mensual fixa de 1.000 euros e 150 euros por deputado.

Os restantes recortes nos gastos de funcionamento do ente provincial produciranse como consecuencia da eliminación das xefaturas de área creadas polo anterior Goberno e do recorte nos gastos de protocolo e publicidade, segundo explicou a portavoz do executivo, Goretti Sanmartín, que destacou “o aforro e a participación” como “piares básicos” da proposta organizativa sometida hoxe á votación do Pleno.

“Queremos garantir que durante estes catro anos todos os grupos podan desenvolver o seu labor”, afirmou Sanmartín, que destacou que “todas as formacións disporán de grupo propio, persoal de gabinete e dedicación” para facer o seu traballo porque é intención do Goberno provincial “que se manifeste a diversidade de voces” da actual Corporación.

Neste sentido, apuntou que a proposta de organización inclúe tamén a creación dunha Xunta de Portavoces, “un órgano de debate e coordinación” que terá “especial protagonismo” e no que participarán todos os grupos para debater os asuntos que irán á Xunta de Goberno e ao Pleno.

Comisións informativas, portavoces e Xunta de Goberno

No pleno de hoxe aprobouse tamén a creación de oito comisións informativas, as mesmas que no anterior mandato, que estarán presididas polos seguintes deputados:

- Economía, Facenda, Contas Persoal e Réxime Interior. Antonio Leira Piñeiro (PSOE) .
- Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero: Ánxela Franco Pouso (BNG).
- Promoción Económica e Emprego: José Luis García García (PSOE)
- Cooperación, Plan provinciais xerais, Asistencia a municipios e Normalización lingüística: Goretti Sanmartin Rei (BNG). Baixo a supervisión da deputada responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de Asistencia a Municipios a Manuel Muíño Espasandín (BNG)
- Infraestructuras Viarias, Vías e Obras provinciais e Medio Ambiente: José Manuel Pequeño Castro (PSOE)
- Cultura, Turismo e Patrimonio histórico-Artístico: Xosé Regueira Varela
- Deportes e Mocidade: José García Liñares (PSOE)
- Contratación, Patrimonio e Equipamiento: Xesús Soto Vivero (BNG)

As comisións estarán integradas por trece membros, dos cales cinco pertencerán ao Grupo Popular, tres ao Grupo Provincial Socialista e dous ao grupo do BNG. Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños terán un representante por cada formación política. As reunións terán periodicidade mensual.

Os portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que se celebrará con periodicidade mensual o último venres de cada mes, serán: Diego Calvo Pouso (PP), Julio Sacristán de Diego (PSOE), Xosé Regueira Varela (BNG), Daniel Díaz Grandío (Marea Atlántica), Manuel Dios Diz (Compostela Aberta) e Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños).

A Xunta de Goberno reunirase en sesión ordinaria o primeiro e o terceiro venres de cada mes e estará composta polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e os dez deputados seguintes: María Goretti Sanmartín Rei (BNG), José Luis García García (PSOE), José García Liñares (PSOE), Antonio Leira Piñeiro (PSOE), José Manuel Pequeño Castro (PSOE), Julio Sacristán de Diego (PSOE), María Ánxela Franco Pouso (BNG), Manuel Muiño Espasandín (BNG), Xosé Regueira Varela (BNG), e Xesús Manuel Soto Vivero (BNG).
Deputación da Coruña