Skip to main content

Galicia Calidade promociona en Madrid a excelencia dos produtos galegos co chef Pepe Solla

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, promociona en Madrid os produtos certificados da man do chef Pepe Solla. O evento, que se celebra o xoves 17 de setembro no Restaurante Volvoreta, do grupo Eurostars, contará tamén coa colaboración da D.O. do Ribeiro e da sumiller Cristina Alcalá.

Ofrecerase unha degustación con produtos integramente galegos nuns pratos innovadores pero sen perder a tradición e a esencia de Galicia deseñados polo prestixioso chef galego do Grupo Nove Pepe Solla xunto cos chefs do restaurante Volvoreta. Con esta acción, Galicia Calidade pretende achegar a calidade dos produtos galegos a xornalistas, bloggers, e outros prescritores.

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 50 empresas e 250 produtos amparados onde o sector alimentario representa case un 90%. Na acción que se desenvolverá en Madrid participarán empresas como Coren, Merluza do Pincho de Puerto Celeiro, Patatas Conde, ou Mariscos Linamar, entre outras.

Fotografía: http://www.nove.biz/site/restaurante.php?idioma=es&id_empresa=8
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia