Skip to main content

Santos e Ferreiro presentan o acordo de PSdeG e BNG para a Deputación de Lugo

O voceiro provincial socialista explicou que “é o acordo que os Grupos Provinciais de PSOE e BNG asinamos o 25 de setembro, o mesmo día que, en base a este texto, asinamos e presentamos nesta institución a moción de censura coa que recuperamos a normalidade democrática na Deputación ao plasmar no Goberno Provincial a vontade dos lucenses o 24M. Ese día os lucenses falaron alto e claro. Dixeron que non querían no goberno da provincia ao Partido Popular, que sufriu todo un varapalo electoral ao perder o apoio doutros 26.000 lucenses máis e 10 Alcaldías. Libre e democráticamente, os lucenses dixeron que querían para a provincia o goberno de esquerdas dos últimos 8 anos de PSOE e BNG, que conseguimos o apoio de 13.000 lucenses máis que o PP”.

“Nada que agochar”

Santos Ramos aclarou que “ante as falsas acusacións de malos perdedores, que se enchen de falar de oscurantismo, e logo de presentar xa as liñas do noso acordo de goberno de xeito oficial na Deputación de Lugo o pasado 25 de setembro, pois as principais liñas recóllense na moción de censura, e de ata de léelas públicamente no no Pleno Extraordinario do 8 de outubro; hoxe damos un paso máis para demostrar que este Goberno Provincial non ten nada que agochar. Trátase dun exercicio de total e absoluta transparencia e precedentes posto que, por exemplo, noutras Deputacións galegas presentáronse as liñas xerais dos acordos de goberno, pero nunca deste xeito. Este Goberno Provincial tamén o publica na web da Deputación ao acceso de todos os cidadáns”, apuntou.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo