Skip to main content

A Consellería de Sanidade descarta o contaxio de ébola e desactiva o protocolo

Isto permite descartar definitivamente a enfermidade, ao cumprirse os criterios establecidos polos protocolos que prevén dúas analíticas negativas, e por tanto queda desactivado o protocolo posto en marcha antonte.

Unha vez pechado o caso, non se prevén novas informacións dado que os datos persoais, os da historia clínica e a súa evolución están protexidos pola Lei de protección de datos de carácter persoal, como acontece con todos os pacientes do Sergas.

A Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Saúde Pública agradecen aos profesionais tanto do CHUAC como do CHUVI, do 061 e do Sistema de Alertas Epidemiolóxicas de Galicia (SAEG) a súa xenerosidade e imprescindible colaboración, así como aos seus correspondentes equipos directivos, grazas a todos os cales é posible manter a alta calidade asistencial.

Tamén agradece aos medios de comunicación o tratamento e a cobertura informativa que se ten dado deste caso, evitando situacións de alarmismo innecesario entre a poboación, e permitindo aos profesionais sanitarios desenvolver a súa labor nun entorno máis tranquilo e axeitado para a xestión deste tipo de situacións.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia