Notas
-
Todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar ós seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, unha iniciativa coa que a institución académica viguesa busca recoñecer o bo traballo das persoas que se dedican á localización de videoxogos, é dicir, a conseguir trasladar un videoxogo da súa lingua orixinal a unha lingua meta.
-
O grupo de traballo Galicia 2040 do Foro Económico de Galicia, foro coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este mércores en Santiago de Compostela o seu informe Cara novos sistemas de planificación urbana e territorial. Nel, apostan por un cambio de paradigma na creación de vivenda pública e fomento do alugamento e pola creación dun consorcio que aglutine as competencias do transporte público.
-
Comeza unha nova edición do programa Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña Verónica Bolón. O programa ten a finalidade de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes, especialmente entre as nenas.
-
Unha pescuda no arquivo familiar para reescribir a xenealoxía feminina ou un dicionario feminista de termos cinematográficos para o profesorado de bacharelato son dous dos traballos gañadores da novena edición dos Premios Egeria. Trátase duns galardóns que convoca a Unidade de Igualdade co obxectivo de fomentar a introdución da perspectiva de xénero.
-
O 18 de xaneiro de 2021, unha gran bola de lume cruzou os ceos galegos. Tratábase dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 75 quilómetros de altura cunha velocidade de 15 Km/s e que produciu un meteorito de 527 gramos. Agora, este fragmento de corpo celeste pode visitarse na Sala dos Meteoritos do Museo de Historia Natural (MHN).
-
Catro autoridades policiais, dúas axencias fronteirizas, unha academia de policía, empresas e institutos de investigación expertos no ámbito do Patrimonio Cultural e a tecnoloxía sobre sistemas integrados de telecomunicacións e protocolos de seguridade informática.
-
Identificar e clasificar os principais tópicos da desinformación e medir a súa incidencia na xestión das corporacións públicas son os obxectivos centrais do proxecto 'Mapa de la Desinformación en las Comunidades Autónomas y Entidades Locales de España y su Ecosistema Digital (Fakelocal), un estudo coordinado dende a UVigo, e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
-
Do 28 ao 30 de abril, o FIV acollerá este ano a décimo sexta edición da primeira cita musical da tempada que se celebra en Vilalba (Lugo). O pasado mes de decembro anunciouse a primera metade de confirmacións do cartel e esta mañá desvelouse o resto de artistas que protagonizan unha das programacións máis completas ata a data.
-
Un equipo composto por persoal investigador da USC, CSIC, UDC e das universidades de Newcastle e St Andrews acaba de desenvolver un estudo transdisciplinar que demostra que o comezo da formación da paisaxeque rodea o mosteiro de Samos iniciouse durante a Idade de Ferro.
-
Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo, coordinado por María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »