Skip to main content

Notas

  • Úrsula Heinze (Colonia, 1941) é unha escritora de orixe alemá afincada en Galicia desde 1977. A súa última achega literaria, Flashes, publicada por Edicións Fervenza, reúne case duascentas prosas breves en que a autora rememora con humor crítico diferentes instantes e incidentes da súa vida. Son, en palabras da propia Úrsula Heinze, “vivencias verdadeiras”, “os flashes iluminan distintas épocas do meu mundo e describen ambientes e persoas que me acompañaron ou que aínda hoxe están ao meu carón”.
  • Tivo lugar hoxe a presentación do proxecto de cooperación Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular, do que forman parte varios grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia. Durante o encontro puxo en valor o importante labor que realizan estas entidades no desenvolvemento socioeconómico das zonas de pesca impulsando valores como a inclusión social.
  • O catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira acaba de ser recoñecido co primeiro Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). O premio recoñece a súa traxectoria de máis de 20 anos no eido da divulgación de todos os campos de coñecemento, “cun esforzo continuado por achegarlle a ciencia á sociedade a través de múltiples canles”, a través de libros, prensa escrita, radio e televisión, ademais da organización de todo tipo de actividades para o gran público.
  • A Business Factory Food (BFFood) deu a coñecer os seis proxectos que participarán no primeiro programa de consolidación da aceleradora especializada no sector alimentario, dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). A esta convocatoria de consolidación presentáronse 27 candidaturas, das que catro pasaran anteriormente polo programa de aceleración en 2019. Esta iniciativa enmárcase na rede de aceleradoras de Galicia, a plataforma StartIN Galicia.
  • Os 120 prescritores e posibles compradores nacionais seleccionados para facer promoción do queixo curado da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa están a recibir outras tantas pezas deste produto, para facer a súa correspondente avaliación. Trátase de restauradores, críticos, responsables de compras das cadeas de distribución, xornalistas e outros profesionais de prestixio relacionados co mundo da gastronomía, seleccionados polos técnicos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).
  • Os meses de confinamento e estado de alarma debidos á pandemia por COVID-19 incidiron na percepción da poboación de Galicia sobre os alimentos de proximidade obtidos de forma sostible e respecto do medio rural no que se producen, segundo constatan os resultados preliminares da enquisa lanzada polo proxecto 'Somos o que comemos?', promovido ao abeiro do campus de verán XuvenCiencia en Rede, e que revela que as mulleres e as persoas de mediana idade son as que máis mudaron a súa percepción sobre o rural e a alimentación de proximidade logo do confinamento e da pandemia.
  • Xa está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o próximo domingo, 12 de xullo. Pode instalarse desde os markets de Android e iOS. Ademais, os mesmos datos estarán tamén dispoñibles na web resultados2020.xunta.gal, que estará operativa o próximo domingo.
  • Os novos valores do cine lugués déronse cita no auditorio municipal Gustavo Freire no marco da gala do V Findecurta, un maratón audiovisual impulsado desde a Oficina de Cultura do campus de Lugo da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural no que tomaron parte máis de 70 persoas, agrupadas en sete equipos que concorreron ao certame con outras tantas curtas de novo cuño. Unha vez rematada a proxección das sete curtas completadas durante a última edición do maratón audiovisual Findecurta, o xurado deu a coñecer o seu fallo.
  • O conselleiro de Economía Francisco Conde, sinalou esta mañá que a nova web de Artesanía de Galicia se configura como o gran escaparate para impulsar a comercialización do sector, no que cobran protagonismo o produto, os artesáns e os oficios. Nun encontro con profesionais deste ámbito celebrado esta mañá en Noroeste Obradoiro, e que se puido tamén seguir de xeito telemático, Conde apuntou que a innovación e o deseño son as claves para que o sector siga sendo competitivo.
  • O conselleiro de Sanidade anunciou que o departamento sanitario galego, logo de avaliar cos técnicos de Saúde Pública e cos profesionais sanitarios a situación e progresión dos datos do foco da covid que está a producirse na Mariña, considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación da Mariña e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona.