Skip to main content

Notas

  • A hipertermia con nanopartículas magnéticas é un tratamento que toma como punto de partida o feito de que as células tumorais sexan máis sensibles aos incrementos de temperatura que as sas. Dado que os imáns poden quentarse baixo a acción de campos magnéticos, esta técnica consiste en situar nanopartículas magnéticas (nanoimáns) no tumor, para activalos de xeito remoto.
  • Conectar os estudos sobre decremento e poscrecemento, que poñen o foco na importancia de que o progreso da sociedade non se basee nun crecemento económico continuado, coa análise dos modos de funcionamento de diferentes tipos de organizacións, tanto públicas como privadas, é o eixo central do seminario que desenvolve o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab.
  • A arte “como dimensión definitoria do ser humano” e como “expresión simbólica coa que, ademais de representar ou evocar unha realidade externa ou interna, podemos tamén transformar esa realidade” constitúen, como explicou o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón, o fío condutor da XXXIX Semana Galega de Filosofía.
  • O XXI Encontro Universitario de Danza desenvólvese no Campus de Lugo os días 12 e 13 de abril, e en Compostela o 19. Este foro, promovido para favorecer o intercambio cultural a través da danza e para achegar esta disciplina á sociedade, posibilitou nestes anos que compañías universitarias procedentes de Francia, Portugal, Lituania, Reino Unido, Italia, México, Porto Rico ou Colombia presentasen as súas respectivas creacións artísticas na USC.
  • O 19º festival internacional de cinema Play-Doc (Tui, do 26 de abril ao 1 de maio) presenta unha nova entrega desta proposta que leva o cinema máis aló da pantalla tradicional. A través dun percorrido nocturno guiado pola cidade monumental de Tui, os espectadores descubrirán como unha serie de instalacións e espectáculos audiovisuais transforman espazos históricos normalmente pechados ao público.
  • As dinámicas sociais son moldeadas tanto polas accións individuais como polas tendencias colectivas que emerxen cando as persoas se xuntan. Con todo, o comportamento dos sistemas sociais muda cando o seu tamaño cruza certos limiares, o que implica que os comportamentos emerxentes comecen a dar forma ao destino do conxunto, anulando a dinámica máis directa de cada unha das partes.
  • Do 20 de abril ao 6 de maio, a cidade de Ourense volverá acoller unha nova edición, a 28ª, da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). Baixo o leva A mostra dunha cidade. O teatro dunha universidade, a cita contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
  • O grupo de investigación de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e o Servizo de Neuroloxía do CHUS organizan o vindeiro 11 de abril, ás 17.00 horas, un encontro na Facultade de Medicina e Odontoloxía co fin de achegar información a pacientes desta enfermidade e a persoas coidadoras.
  • Con éxito de público. Así arrancou a XXV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu. Fíxoo coa participación do alumnado da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, que a través de Rebentadas, inspirada na obra Blasted da dramaturga británica Sarah Kane, trouxo ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria a dura lembranza da Guerra dos Balcáns, un conflito que se prolongou de 1992 a 1995 e que deixou tras de si decenas de miles de mulleres bosnias, serbias e croatas que foron agredidas e violadas.
  • A presentación na Facultade de Matemáticas, do novo modelo da calculadora ClassWiz, que por primeira vez inclúe o galego entre as súas opcións de configuración, serviu de colofón ao programa de actos que este centro impulsou en marzo co gallo da conmemoración do mes das Matemáticas. Ao longo das últimas semanas, esta Facultade deu pulo a exposicións ou certames, entre outras actividades.