Skip to main content

Notas

  • O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC segue a traballar nas posibilidades que as tecnoloxías da información achegan para o desenvolvemento de intervencións psicolóxicas que promovan o avellentamento activo. O grupo está avaliando a eficacia que pode acadar un videoxogo en liña, unha plataforma virtual e a súa correspondente app móbil.
  • O xacemento de Melka Kunture, en Etiopía, constitúe un 'referente internacional fundamental' no estudo do desenvolvemento evolutivo, condutual e tecnolóxico dos primeiros representantes do xénero homo en África, especialmente do Homo ergaster/erectus. Un equipo internacional no que participan membros do GEAAT da UVigo acaba de rematar unha nova campaña arqueolóxica neste enclave no que se investigan 'as fases antigas da evolución humana en África'.
  • As rías galegas constitúen un exemplo de baías de afloramento, polo que son un dos lugares máis produtivos do planeta, caracterizadas por unha elevada produción pesqueira e marisqueira. A pesar de que tanto as baías como as augas da plataforma continental fertilízanse pola entrada de nutrientes asociada ao afloramento costeiro, non están claros os factores responsables da extraordinaria produtividade das baías.
  • A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o Observatorio Turístico da Coruña, unha ferramenta que permitirá analizar os datos relacionados con fluxos turísticos na cidade. Esta iniciativa, pioneira en Galicia estase a levar a cabo na actualidade polo Concello, a través do Consorcio de Turismo e Congresos e coa colaboración da UDC e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC).
  • 'Observacións sobre a felicidade (composición e manexo)' da Aula de Teatro da USC abre este luns 6 o XXVII Festival Internacional de Teatro Universitario que se estenderá, en Compostela, ata o vindeiro 11 de marzo, logo de dous anos de parón por mor da pandemia. O Festival constitúe unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas polas compañías de teatro universitario das contornas galega, estatal e europea.
  • A Universidade de Vigo participa nun megaproxecto europeo co que se tentará avanzar no coñecemento e predición dos impactos do cambio climático nos sistemas mariños. Coordinado desde os Países Baixos polo profesor Myron Peck, do Royal Netherlands Institute for Sea Research, participan 34 institucións de 17 países e cóntase cun orzamento superior aos 10 millóns de euros, dos que 380.000 lle corresponden á Universidade de Vigo.
  • Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos reunirán os vindeiros días 7 e 8 de marzo na capital luguesa máis de 600 estudantes das tres universidades públicas galegas, que competirán en seis disciplinas deportivas diferentes: fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, rugby e voleibol, na modalidade masculina e feminina, segundo adiantou este xoves o reitor da USC, Antonio López, na presentación do evento.
  • A Universidade de Vigo acollerá un ciclo de relatorios sobre o decrecemento. Organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa UVigo e a Rede para o Decrecemento Eo-Navia, Galiza, O Bierzo, o obxectivo será reflexionar arredor do crecemento desmesurado da economía e a necesidade de entrar nun período de decrecemento.
  • Cando a docente e investigadora do Departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá da Universidade de Vigo Helena Cortés Gabaudan recibiu o encargo da editorial Arpa de escribir unha biografía de Johann Wolfgang Goethe decidiu a aceptar o reto.
  • O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará mañá, xoves, 2 de marzo, ás 16:00 horas o Congreso Mundial de Educación EDUCA 2023, no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa. Este congreso terá lugar no Campus de Elviña entre os días 2 e 4 de marzo con máis de 400 participantes procedentes de diferentes lugares de España e doutros países como Portugal, EEUU., México, Perú ou Costa Rica.