Notas
-
Sevilla acolle a xuntanza avaliadora das candidaturas a Patrimonio da Humanidade da Unesco na XXXIII Sesión do Comité do Patrimonio Mundial que decidirá sobre os 37 proxectos finalistas.
-
O secretario xeral de Medios anuncia a presentación dun Plan galego de acendido dixital con prazos “realistas” para a implantación da TDT e que busque a máxima colaboración institucional coas deputacións, concellos e o sector galego das telecomunicacións.
-
O PPdeG logra a unanimidade no Parlamento para solicitar que, coincidindo co Xacobeo 2010 e a Presidencia española na UE, se celebre un Consello de Ministros, preferiblemente de Cultura. A iniciativa foi consensuada polos tres grupos parlamentarios.
-
O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria asinará unha Orde que regulará a promoción de curso entre 1º e 2º de bacharelato na que quedará determinado que o alumno que suspenda máis de dúas materias deberá superar novamente o curso enteiro.
-
Como era de esperar, os nacionalistas non ven problema en dar por finalizados traballos non acabados en tempos do bipartito pero si ao feito de que o conselleiro de Medio Ambiente dese o visto e prace a unha certificación efectuada por outra persoa nunha etapa anterior.
-
Clausuradas as xornadas conmemorativas do 25 aniversario desta institución. Destaca que estes 25 anos son proba suficiente de que o Valedor “ten o aprecio e máis a confianza da cidadanía”.
-
Os bipartitos municipais enfilan a súa recta final deixando tras deles un rastro de desgoberno, parálise, desunión, enfrontamentos e malas noticias. A vitoria de Feijóo nas autonómicas foi unha bofetada a un modelo de xestión baseado na constitución de dous gobernos paralelos na que sobran enfrontamentos e tensións e falta cordialidade, coordinación e traballo en equipo.
-
Presentado o programa Espazo xuvenil que conta cun financiamento de preto dun millón de euros. O seu obxectivo é fomentar a creación de empresas e o espírito emprendedor na mocidade galega e portuguesa.
-
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, presentou en Santiago de Compostela estas dúas accións de promoción, consensuadas co sector turístico galego, para incentivar a demanda turística.
-
A conselleira de Traballo mantivo unha reunión cos representantes das cinco patronais implicadas na negociación do convenio de Pontevedra, logo de conversar con CCOO, UGT e CIG.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 491
- 492
- 493
- 494
- 495
- 496
- 497
- 498
- 499
- …
- seguinte ›
- última »