Notas
-
O financiamento autonómico, as infraestruturas, o sector primario, a lei de dependencia e o voto en urna polos emigrantes centran os temas que Núñez Feijóo leva en carteira ao Palacio da Moncloa.
-
A directiva deste organismo e titular de Traballo, Beatriz Mato, reuníronse para analizar distintas liñas de cooperación.
-
Por primeira vez na historia do Museo elíxese o seu director/a mediante concurso. O fin é mellorar a imaxe pública do CGAC, achegar o arte a tódolos galegos e que sexa cita obrigada para os visitantes de Compostela cunha programación punteira a nivel internacional.
-
Ante as acusacións do sindicato CIG-Ensino convídaselles a que digan claramente á opinión pública que os pais non deben ser tidos en conta. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria defende a legalidade da consulta aos pais sobre o uso da lingua.
-
A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura anunciou aos libreiros a inminente aprobación polo Consello da Xunta do Rexistro Administrativo de Librarías de Galicia que regulará de forma telemática a súa organización e funcionamento.
-
A conselleira do Mar reducirá as taxas e os impostos portuarios. O presidente de Portos de Galicia determinará o enclave da nova lonxa de Riveira.
-
Beatriz Mato avoga por modernizar os servizos públicos de emprego e por abrir novos mercados de traballo. Asegurou que a Administración autonómica vai ser “moi escrupulosa” coa tramitación dos ERE e anuncia un plan de choque no que están implicadas oito consellerías.
-
O Igape, organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, vén de promover unha ampliación de 14,8 millóns de euros para o Fondo Emprende, xestionado por Xesgalicia, e que apoia aos novos empresarios.
-
CC.OO. e UXT destacaron a reactivación do Consello Galego de Pesca, a reforma da política pesqueira común e o furtivismo como os principais problemas do sector. A conselleira do Mar reitera a necesidade de ter un servizo de Gardacostas eficiente para garantir a seguridade.
-
O presidente da Xunta defende no Foro de la Nueva Economía, en Madrid, a recuperación do galeguismo cordial e o bilingüismo harmónico que os galegos reclamaron nas urnas. Tamén asegura ter fe nas posibilidades de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 493
- 494
- 495
- 496
- 497
- 498
- 499
- 500
- 501
- …
- seguinte ›
- última »