Notas
-
CC.OO. e UXT destacaron a reactivación do Consello Galego de Pesca, a reforma da política pesqueira común e o furtivismo como os principais problemas do sector. A conselleira do Mar reitera a necesidade de ter un servizo de Gardacostas eficiente para garantir a seguridade.
-
O presidente da Xunta defende no Foro de la Nueva Economía, en Madrid, a recuperación do galeguismo cordial e o bilingüismo harmónico que os galegos reclamaron nas urnas. Tamén asegura ter fe nas posibilidades de Galicia.
-
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, comunicou os primeiros nomeamentos do seu novo equipo, no que por primeira vez haberá dúas mulleres, Rosa Vilas Núñez e Rosa Martínez Rivada, á fronte da TVG e da RG, respectivamente.
-
A conselleira alabou a actividade de AECOC na entrega de premios de innovación do productos do mar e comprometeuse a apoiar todas as iniciativas encamiñadas á diferenciación dos productos galegos para a mellor comercialización.
-
O secretario xeral de Política Lingüística visitou a sede da RAG na Coruña, onde foi recibido polo seu presidente e polos membros da comisión executiva.
-
A conselleira de Traballo e Benestar participou no pleno deste órgano en Santiago de Compostela. Mato apostou por que tanto o Consello como o departamento autonómico exerzan de “catalizadores do diálogo social”.
-
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia pon enriba da mesa do Valedor do Pobo algúns dos temas que precisan de análise como o acceso seguro dos menores a Internet e a protección de datos.
-
O conselleiro de Medio Rural, na xuntanza co comité de empresa da factoría de Lugo, destaca que a Xunta está politicamente comprometida en favorecer iniciativas empresariais que busquen manter a actividade da planta de Leche Pascual en Galicia e a continuidade dos postos de traballo.
-
A Xunta de Galicia inicia un plan corrector das deficiencias detectadas nos concellos polos que atravesan as Rutas Xacobeas consultando ás Asociacións de Amigos dos Camiños e dos establecementos hosteleiros.
-
O presidente galego Núñez Feijóo considera que a decisión da Unesco de declarar o Parque do Xurés-Gerés reserva mundial da biosfera supón un recoñecemento do alto valor do patrimonio natural do parque.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 494
- 495
- 496
- 497
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- …
- seguinte ›
- última »