Notas
-
50 persoas viaxan polas Rías Baixas e o Salnés, en viaxe organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, dentro da campaña "Descubra Galicia Natural". Outro grupo visitará o próximo sábado a Mariña lucense.
-
Ven de presentarse en Santiago a Rede Virtual do Patrimonio Artístico e Cultural dos centros e asociacións galegas máis importantes da diáspora galega, catálogo virtual que se pode consultar na web da Secretaría Xeral de Emigración (www.galiciaaberta.com). Alí os usuarios atoparán fotografías, vídeos e documentos de doce centros e asociacións de Brasil, Arxentina, Uruguai, Portugal e España.
-
Estase a celebrar no Centro de Cestería da Deputación de Lugo un curso de cestería tradicional de vimbio, impartido por Carlos Fontales, no que os participantes aprenderán a técnica que se conservou en Galicia e no norte de Portugal ata o século pasado.
-
Galicia é no ano 2007 a 4ª Comunidade Autónoma con menor porcentaxe de abandono educativo temperán, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Educación e Política Social.
-
Carmen Rodríguez Acosta incorpórase á delegación de Recursos Humanos. Antonio Rodríguez Penín será concelleiro de Limpeza, Servicios Xerais e Contratación, e Aurea Soto de Gobernación, Patrimonio e Urbanismo.
-
Xunto a outras propostas de países europeos, a proposta sobre a calidade do aire de Galicia opta a formar parte dun proxecto twinning da Unión Europea, logo de ser seleccionada para representar a España. A iniciativa galega competirá coas propostas que presenten outros países como Austria, Finlandia e Holanda.
-
Piden disculpas a los fieles y lamentan las molestias causadas por el cambio de horario de la procesión de la "borriquita" y la bendición de palmas del Domingo de Ramos que este año se adelantó a las 11.30 horas.
-
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o convenio de adhesión do Concello de Begonte á Axencia de Protección da Legalidade urbanística. Este Convenio foi aprobado pola Xunta de Galicia o 21 de xaneiro pasado, e polo Pleno municipal de Begonte o 13 de marzo.
-
Os membros da comisión destacaron a elevada calidade de realización dos traballos presentados, salientando o gran talento que hai neste xénero en Galicia.
-
O conselleiro de Presidencia da Xunta en funcións, Méndez Romeu, asegura que a Fundación Semana Verde posúe unha carteira de proxectos máis importante que en noutros exercicios.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 498
- 499
- 500
- 501
- 502
- 503
- 504
- 505
- 506
- …
- seguinte ›
- última »