Notas
-
O Diario Oficial de Galicia publica unha Orde pola que se regula a extracción deste recurso no litoral da nosa Comunidade. As entidades interesadas en presentar os plans para 2009 deberán dirixirse á Administración pesqueira galega antes do 31 de decembro de 2008.
-
A Dirección Xeral de Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, promove durante un mes esta exposición comisariada por Paolo Caucci von Saucken e na que por primeira vez se realiza un percorrido visual polos puntos fundamentais do Camiño que une as dúas Cidades Santas.
-
Tamén se fixará o marco de coordinación e colaboración co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia mediante unha comisión técnica.
-
Con 60.000 volumes iniciais, recoñece a importancia do intelectual galeguista e alcalde republicano da cidade, fusilado en 1936, peza fundamental do rexurdimento do libro e da cultura galega no primeiro tercio do século XX.
-
A Conselleira, xunto con responsables doutras comunidades autonómas, formou parte da comitiva, encabezada por Elena Espinosa, que acompañou aos Príncipes de Asturias no seu percorrido pola instalacións de Alimentaria 2008.
-
Esta actividade, posta en marcha pola comisión de Relacións Institucionais do Centro Galicia da capital arxentina, proponse abrir espazos máis igualitarios na conmemoración do Día Internacional da Muller.
-
Servizos á Comunidade II é o primeiro obradoiro de emprego que impulsa o INLUDES desde que o dirixe a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez. Gómez Besteiro asegurou que a Deputación está comprometida coas políticas útiles e asume o reto de Traballo na loita pola igualdade.
-
O acordo permite destinar 40 millóns de euros a unhas liñas de axuda fundamentais para a creación de novas empresas e o crecemento das existentes mediante financiamento preferencial.
-
O Presidente provincial recibiu ós visitantes que, ademáis de percorrer os edificios dependentes do organismo provincial, viñeron acompañados da deputada de Economía e Alcaldesa de Guitiriz
-
Asegura que o contrato de xestión, mantemento, administración e operatividade técnica dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 do Servizo de Gardacostas estase a cumprir na totalidade das súas prescripcións e segue sen variar dende a posta en marcha do Servizo de Gardacostas de Galicia no ano 2004.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 524
- 525
- 526
- 527
- 528
- 529
- 530
- 531
- 532
- …
- seguinte ›
- última »