Notas
-
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos alcanzou un acordo cos mariscadores de Ferrol e Barallobre polo que percibirán 82 euros por día de traballo durante os meses de decembro e xaneiro.
-
Ambos Estados presentarán unha candidatura conxunta para pedir fondos europeos para financiar a sección internacional deste proxecto. España e Portugal asinan o tratado para a constitución do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, que baixo a dirección do galego Xosé Rivas, terá a súa sede en Braga.
-
A secretaria xeral de Política Lingüística asiste na capital siria á presentación desta biblioteca do Instituto Cervantes. O centro acolle unha mesa redonda sobre a figura e a obra do escritor galego que contará coa presenza de Marisol López, do director do Cervantes e do tradutor de Cunqueiro ao árabe.
-
Anxo Quintana entregoulles o premio “Eu tamén navegar” e destacou a súa aportación fundamental para que moitas mulleres teñan recuperado a liberdade e a dignidade que lles arrebataron.
-
Os expertos na Protección Civil de Galicia e de varias Comunidades Autónomas do Estado analizaron os sistemas de xestión, intervención, lexislación e financiamento das emerxencias.
-
A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos presentou no Consello Galego de Pesca a súa proposta para que no prazo de dez días os membros de este órgano consultivo presenten as alegacións que consideren oportunas.
-
O presidente da Xunta destacou a aprobación da normativa que permitirá ao facultativo médico estender as receitas para estes doentes nun so acto, ata un máximo de tres meses. ouriño indicou que, deste xeito, “evítase que o paciente dependente dun tratamento teña que ir ao médico cada vez que necesita esa receita”.
-
O presidente da Xunta entrega no Teatro-Cine Fraga de Vigo o primeiro galardón institucional do audiovisual galego a Alejandro Amenábar e José Luis Cuerda. A viúva do autor de ‘Sempre Xonxa’ recibe o premio de honra ao director como “acto de reparación e xustiza”.
-
O ciclo, que se desenvolve a partires do día 23 de novembro na Aula Sociocultural de Caixa Galicia de Santiago de Compostela, recolle unha escolla das produccións galegas estreadas no presente ano.
-
A xornada titúlase: “Cara a unha cultura 2.0. Xornada sobre novas tecnoloxías e creación cultural” e celébrase o martes, 28 de novembro, ás 19 h. no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega. A xornada reúne a destacados expertos galegos en software libre e creación cultural e conta cunha conferencia de Marcelo D’Elia Branco, un dos expertos internacionais máis destacados en desenvolvemento da Sociedade da Información.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 579
- 580
- 581
- 582
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- …
- seguinte ›
- última »