Notas
-
As consellerías publicarán as ordes que desenvolven o decreto de axudas urxentes para reparar os danos provocados polo lume.
-
O obxectivo é permitir ao traballador dispoñer dunha certificación oficial e con validez a nivel nacional, que acredite a súa competencia profesional, independentemente do camiño empregado para a súa adquisición.
-
A Consellaría de Innovación e Industria asumirá o custe total da creación do portal web, que requirirá de case 15.000 euros.
-
Catro centros por América, catro por Europa e catro por España, xunto aos dous representantes permanentes do Centro Galego de Bos Aires e a Casa Galicia de Montevideo, representarán ao CCG ata 2009.
-
O presidente da Xunta mantivo unha reunión coa Comisión Executiva da Fegamp para coñecer de primeira man as demandas dos concellos relativas á vaga de lumes.
-
Manuel Luís Rodríguez presenta unha plataforma totalmente renovada que tamén responde ás necesidades de galegos retornados e inmigrantes.
-
Esta é unha das innovadoras medidas recollidas na Lei Galega de Inserción Laboral das Mulleres, que teñen como obxectivo integrar activamente a igualdade na política preventiva de riscos laborais coa finalidade de evitar que, por diferenzas físicas ou estereotipos sociais asociados, se produzan desigualdades por razón de sexo.
-
O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, animou a delegación galega, moi numerosa en Szeged.
-
O presidente da Xunta reuniuse en San Caetano con oito rexedores dos concellos máis afectados polos lumes e anuncia a intención do Goberno galego de manter xuntanzas con todos os alcaldes antes de setembro.
-
Se están a desenvolver medidas de control da calidade das augas dos ríos e encoros que abastecen aos principais núcleos de poboación así como para detectar as posibles alteracións que puideran producirse nos polígonos de bateas e nas zonas de produción de moluscos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 601
- 602
- 603
- 604
- 605
- 606
- 607
- 608
- 609
- …
- seguinte ›
- última »