Notas
-
O conselleiro de Presidencia espera poder reunirse proximamente co alcalde, Javier Losada, para tratar este tema.
-
* O Goberno galego abre unha liña de axudas para o remate exterior das casas unifamiliares no medio rural e empraza aos concellos a cumprir a normativa * O presidente da Xunta chama aos concellos a traballar de xeito “concertado” coa administración galega para pór freo ao deterioro do medio e asumir un urbanismo respectuoso e sustentable * O máximo mandatario autonómico rexeita a posibilidade de que en Galicia axentes urbanizadores privados poidan expropiar terreos para a súa edificación
-
O conselleiro de Innovación e Industria entrevistouse esta en Madrid co presidente da SEPI, Enrique Martínez Robles, ao que lle expuxo a necesidade de impulsar proxectos de desenvolvemento na comarca de Ferrol.
-
* José Ramón Fernández Antonio expuxo no Parlamento que os datos de actividade e emprego avalan a confirmación dos obxectivos da Xunta para o conxunto do ano * O conselleiro asegura que o clima de confianza permite anticipar o necesario cambio da tendencia para superar o crecemento da economía española e acadar a converxencia real * Entre os indicadores de referencia, destaca o descenso do paro rexistrado nun 5,5% interanual ao finalizar marzo; o aumento do 7,4% no Indica de Produción Industrial no mes de febreiro; ou o incremento dun exportacións nun 15% no pasado ano
-
Máis de 100 persoas, entre autoridades, operadores turísticos e medios de comunicación acuden á cea-presentación de Galicia “Dreaming of Galicia. The Sound of The Stone” (“Soñando con Galicia. O son da Pedra”) que a Consellería de Innovación e Industria, a través do Xacobeo, celebra no Rockefeller Center de Nova York, nos Estados Unidos.
-
* O presidente da Xunta salienta que o acordo asinado co ministro de Industria pon as bases para impulsar o proceso de desenvolvemento e recuperación industrial destas zonas * A suma total das axudas do departamento dirixido por José Montilla a estas comarcas acada os 46.500.000 euros, aos que se suman os 9 millóns aportados pola Xunta * O Instituto Galego de Promoción Económica encargarase de xestionar as axudas en colaboración co departamento dirixido por Montilla * O ministro subscribe dous convenios para desenvolver as medidas incluídas en no Plan de Acción de Eficiencia Enerxética, ao que se destinan 15,84 millóns, e o Plan de Enerxías Renovables, dotado con 758.522 euros
-
* O número total de inscritos á Seguridade Social ascende ata 1.012.533 afiliados, o que representa un aumento porcentual do 3,33% en relación a marzo de 2005 * Na evolución mensual produciuse un aumento no número de afiliados do 0,31%, xa que se rexistraron un total de 3.093 novas altas con respecto ao mes de febreiro * As cifras de afiliados increméntanse nas catro provincias galegas, tanto con respecto a febreiro como con respecto a marzo de 2005, sendo especialmente salientable o comportamento da Coruña, con 1.673 cotizantes máis que en febreiro e 14.256 máis que hai doce meses
-
* Emilio Pérez Touriño e Magdalena Álvarez cerran o convenio que permitirá a libre circulación de vehículos nos treitos da Autopista do Atlántico O Morrazo-Vigo e A Barcala-A Coruña, en ambos os dous sentidos * O acordo establece que as dúas administracións sufragarán ao 50% os custes derivados do levantamento das peaxes, que este ano se estima en case 6 millóns de euros, ata 2048, cando remata a concesión * Ambos os mandatarios salientan que os seus Gobernos cumpren o seu compromiso de suprimir o canon, prorrogado polo anterior Executivo do PP * O máximo mandatario galego salienta que se trata dunha solución “definitiva e universal” ao problema das peaxes
-
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, anunciou que a súa consellería vai colaborar coa Asociación de Fabricantes do Formigón de Galiza (ASFHORGAL) na elaboración do Plan Estratéxico do Sector do Formigón, coa intención de que sexa un instrumento valioso para conseguir a continua mellora deste sector.
-
O conselleiro de Economía e Facenda realizou unha intervención no Senado sobre a nova política europea de cohesión económica e social.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 628
- 629
- 630
- 631
- 632
- 633
- 634
- 635
- 636
- …
- seguinte ›
- última »