Notas
-
* Considera necesario “repensar baixo novas fórmulas a situación da vida local en Galicia” * Na súa opinión, hoxe non existen áreas estancas entre administracións, senón que deben entenderse como estruturas de cooperación * Os concellos teñen facendas locais febles porque se levou a cabo “unha cultura da dependencia baseada na subvención finalista”, asegurou
-
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel J. Fernández Iglesias, visitou a Escola Naval de Marín onde ofreceu unha conferencia sobre o proceso de converxencia europea cara á construcción dun espazo europeo de educación superior.
-
?Trátase da primeira iniciativa que se leva a cabo en Galicia para reducir o consumo de enerxía por parte dos buques pesqueiros ? Expertos de varias comunidades autónomas evalúan a bordo do “Santiago Apóstol” a viabilidade técnica e económica de utilizar gas natural
-
* Ricardo Varela declarou que o Goberno galego é a primeira administración autonómica que aposta por este incremento da bonificación estatal, o cal definiu como “unha aposta orzamentaria de primeiro nivel para acadar a igualdade de oportunidades no rural galego” * O secretario de Estado da Seguridade Social, Octavio Granado, salientou o esforzo feito por Traballo e manifestou o seu desexo de que “o resto das comunidades se sumen a esta iniciativa da Xunta de Galicia” * Con este convenio tentase atallar a situación de “invisibilidade” da muller no agro, que supón unha traba no acceso a dereitos tan básicos como a cobertura da incapacidade temporal, as prestacións por xubilación ou as baixas por maternidade * Coa posta en marcha desta medida “as mulleres verán como a súa cotización se reduce en 61,64 euros ao mes, ou 736,80 euros ao ano, durante os tres primeiros anos de alta na seguridade social”, segundo explicou o titular de Traballo * Nos últimos 15 anos, Galicia perdeu o 50% dos afiliados ao sector agrario, pasando de 142.000 altas en 1990 a pouco máis de 58.500 no pasado ano
-
* A conselleira de Educación asistiu á inauguración do Salón e visitou o stand que a Xunta comparte coas Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña * Laura Sánchez Piñón sinalou que Aula 2006 constitúe unha oportunidade para presentar o SUG e informar dos futuros másteres a prezos públicos
-
* O conselleiro de Innovación e Industria mantivo reunións de traballo con distintos touroperadores internacionais no marco da ITB 2006 * Fernando X. Blanco confirmou contactos con compañías aéreas para incrementar os enlaces entre Galiza e Alemaña
-
* Recibiu, de mans do presidente deste organismo, Alfonso Zulueta de Haz, o informe sobre a biblioteca e hemeroteca da Cidade da Cultura * O titular da Xunta pediu ao presidente do Consello da Cultura de Galicia que continúe a súa labor de asesoramento sobre os outros espazos que formarán parte deste proxecto
-
A última discriminación realizada consiste en quitarlle a paga de 100 euros por fillo ou filla menor de tres anos ás agricultoras
-
* Trátase de implicar aos axentes económicos, sociais e culturais, a universidades e empresas no fortalecemento da Eurorrexión * Cree que para lograr este obxectivo é fundamental crear unha rede de infraestruturas competitiva, na que a conexión ferroviaria entre Vigo e Porto é prioritario * Propón a creación dun secretariado permanente que impulse a programación, a planificación e o seguimento dos proxectos da Eurorrexión
-
* Segundo Pérez Touriño, o convenio contribuirá a que os cidadáns teñan a posibilidade efectiva de exercer os seus dereitos lingüísticos * Encamiñarase a estimular aos funcionarios xudiciais no uso do galego a través de cursos, publicacións ou campañas de sensibilización * Asegurou que o compromiso na defensa e promoción da lingua e cultura galegas é un dos eixes que configuran a acción do Goberno galego * O fiscal xeral do Estado salienta a importancia deste convenio que fomentará unha maior aproximación do cidadán as administracións de Xustiza
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 634
- 635
- 636
- 637
- 638
- 639
- 640
- 641
- 642
- …
- seguinte ›
- última »