Notas
-
Cerca de un millón y medio de teleespectadores hubiesen conocido Culleredo.
-
* O titular do Goberno autonómico, Emilio Pérez Touriño, recibiu no seu despacho do Parlamento á delegada desta ONG en Galicia, Ángela Jaureguízar.
-
* A Consellería de Innovación e Industria reintegrará integramente os préstamos concedidos ás universidades galegas polo Ministerio de Educación e Ciencia para a realización de proxectos de infraestrutura científico-tecnolóxica * O convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e as tres universidades será aprobado polo Consello da Xunta * Os 22 millóns de euros servirán para a creación dos Centro de Investigacións Biomédicas en Santiago, varias actuacións na Cidade Tecnolóxica en Vigo e para equipamento de xestión de redes na Coruña, entre outras accións
-
O colectivo cidadán en defensa do galego reclama que se elabore “urxentemente” un proxecto global de actuación para o 2006. A Secretaria Xeral de Política Lingüística anuncia á Mesa que vai desenvolver “unha campaña social sobre o topónimo A Coruña”.
-
* A directora xeral de Cooperación Exterior inaugurou na Coruña a II edición do Curso de Cooperación Internacional ao desenvolvemento e Xestión de ONGs * Instou aos galegos e galegas a “facer seus os obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e alzar a voz para esixir o seu cumprimento”
-
* Despois de presidir a Comisión Reitora do Centro, sinalou a necesidade de modificar o estatuto legal e administrativo desta institución * “Trátase de introducir melloras que actúen a favor dun funcionamento mellor e máis eficiente do Centro Ramón Piñeiro”, considerou Touriño * O presidente da Xunta tivo verbas de eloxio para o finado Agustín Sixto Seco, que dedicou ao Centro grandes doses de entusiasmo e esforzo
-
* Emilio Pérez Touriño lamenta o “dramático” caso de violencia de xénero rexistrado en Vigo * Insta aos cidadáns a “camiñar xuntos” na loita por suprimir da nosa sociedade o maltrato e a violencia contra as mulleres * Lembra que o Goberno que preside levará ao Parlamento neste ano a Lei Integral de Galicia contra a violencia de xénero, que articulará todas as medidas para “erradicar e combater” este crime
-
A Consellería de Innovación e Industria fai pública, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), a nova composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (CICETGA), o órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.
-
* O Conselleiro de Innovación e Industria mantivo unha reunión cos membros da Mesa Galega do Carbón para abordar o reparto dos fondos do Plan da Minería do Carbón previsto para o 2006-2012 * Na xuntanza acordouse crear a Mesa da Industria Auxiliar, para dar resposta á problemática laboral do sector; e decidiuse aunar criterios de cara a unha defensa dos intereses de Galiza na nova negociación do Plan
-
Celébrase o 15 de febreiro no Club Internacional de Prensa en Santiago de Compostela.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 642
- 643
- 644
- 645
- 646
- 647
- 648
- 649
- 650
- …
- seguinte ›
- última »