Notas
-
Na presentación deuse a coñecer a campaña “Santiago, Puerta de entrada de Galicia”, para promover a viaxe desde as illas españolas ata a capital galega con paquetes culturais de estancia longa.
-
• O paquete de axudas busca impulsar a competitividade do tecido produtivo mediante o fomento das iniciativas de cooperación, innovación e internacionalización empresarial • O consello de dirección autorizou a sinatura dun convenio co ICO e entidades financeiras para apoiar investimentos de pemes
-
ß A cifra de desempregados descendeu en Galicia nun 4,2% con respecto ao mes de xaneiro de 2005, é dicir, catro puntos máis que a media do Estado (0,23%) * En relación ao mes de decembro o número de parados incrementouse nun 1,5%, situando o total de desempregados en 181.401. Esta porcentaxe fai que Galicia sexa a comunidade que rexistra un menor ascenso relativo no número de parados * O remate da tempada de Nadal fixo que o paro no sector servizos se incrementara no 3,7%. Pola contra a industria e a construcción rexistraron un descenso de desempregados do 2,9% e o 1,2% respectivamente * No primeiro mes do ano o número de contratos indefinidos rexistrados en Galicia increméntase en 16 puntos sobre a media do Estado * O número total de inscritos á Seguridade Social ascende ata 1.003.178 afiliados, o que representa un aumento porcentual do 3,23% en relación a xaneiro de 2005 * Na evolución mensual produciuse un aumento no número de afiliados do 0,24%, case medio punto máis que a media do Estado (-0,18%). Galicia sitúase como a cuarta comunidade na que máis aumentou porcentualmente a cifra de cotizantes * Cómpre salientar o comportamento da provincia de Pontevedra, na que en xaneiro se rexistrou un ascenso no número de afiliados do 0,65%. Esta porcentaxe a sitúa como a segunda provincia en termos relativos con máis novas altas con respecto a decembro, tan só por detrás de Huelva
-
? O obxectivo desta medida, que foi anunciada a pasada semana, é evitar dificultades económicas extraordinarias aos produtores de mexillón ? O convenio aprobado tenta restablecer o equilibrio existenteno sector bateeiro antes da marea vermella
-
* Touriño considera que o informe supón unha valiosa contribución no inicio dos traballos da ponencia * O informe aborda seis cuestións relevantes sobre o marco xurídico-técnico no que podería basearse a reforma * O texto analiza a posibilidade de incorporar dereitos de segunda xeración e a creación de novas institucións estatutarias
-
* Tramitáronse 209 preguntas dun total de 232 * No mesmo período da anterior lexislatura contestárase o 51,5% do total
-
* O titular do Goberno autonómico realizou unha visita institucional ao concello ourensán e participou nun almorzo con empresarios e autoridades da provincia * Lembra que os Orzamentos da Xunta recollen investimentos para a mellora da rede viaria da provincia por valor de máis de 148 millóns de euros * Asegura que, coa chegada do AVE, Ourense se converterá en nó de comunicacións da Galicia interior e en eixo do seu desenvolvemento territorial * Salienta que a chegada do tren de alta velocidade se completará coa creación da Cidade do Transporte, en San Cibrao das Viñas, e a autovía Lugo-Ourense * Comprométese á creación dunha Área Urbana a carón da cidade das Burgas cos concellos limítrofes na que se desenvolva unha planificación territorial axeitada ás demandas dos cidadáns
-
Se celebran do 6 ó 10 de Marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación, e nelas participarán tódolos soportes informativos a través dos principais Medios.
-
* Un de cada catro mozos galegos nunca asinou un contrato laboral o cal, segundo salientou Ricardo Varela, dificulta en gran medida a súa emancipación familiar * Este decálogo abarca dende incentivos á contratación ata procedementos para facer unha correcta diagnose ocupacional dos demandantes. O único requisito esixido é estar inscrito como demandante de emprego * As medidas, basicamente consensuadas cos axentes económicos e sociais, se porán en marcha de inmediato e permanecerán vixentes ao longo do ano, ata que, no marco da concertación social, se defina o Plan de Emprego Xuvenil * A dotación orzamentaria deste decálogo ronda os 124 millóns de euros e nel préstase especial atención aos mozos sen titulación profesional, tres de cada catro, e ás mulleres, que supoñen o 60% do paro xuvenil galego, ás que se lles adican 3 de cada 5 euros do orzamento
-
* Galicia está representada nesta xuntanza pola directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, e polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 645
- 646
- 647
- 648
- 649
- 650
- 651
- 652
- 653
- …
- seguinte ›
- última »