Skip to main content

Notas

  • * O Consorcio Audiovisual de Galicia organiza un ciclo de filmes para dar a coñecer a carreira cinematográfica do actor * García destaca o labor que a Xunta de Galicia realiza en prol do cinema galego
  • * Asegurou que a reforma da Lei Electoral tentará “adaptar” a norma “á realidade do país” * Destaca a “simboloxía e o interese político” da visita a Galicia do presidente do Goberno a semana que vén
  • * Ricardo Varela recordou que o diálogo social é a ferramenta imprescindible para alcanzar os obxectivos da nova Consellería de Traballo * O titular de Traballo fixo estas declaracións na primeira reunión do Comité Autonómico de Emprego que preside dende que tomou posesión do seu cargo
  • * O presidente da Xunta pronunciou unha conferencia baixo o título “Galicia ante os retos dunha economía global. Estratexias para o século XXI”, no marco do VII Congreso Nacional de Economía, na Coruña * Salienta que o proxecto económico que defende estará baseado en seis piares fundamentais: a cualificación do factor humano, a innovación tecnolóxica, a protección do medio ambiente, a dotación de infraestruturas, o equilibrio territorial e a cohesión social * Asegura que a Xunta traballará para acadar un desenvolvemento económico “rápido, intenso, equilibrado e sostible”, capaz de situar a Galicia “á altura dos tempos” * Aposta por traballar “decididamente” na elevación do nivel de cualificación dos traballadores; no respaldo ao labor das universidades e empresas galegas; na busca de opcións comerciais diferenciadas; no apoio á internacionalización das empresas e produtores e no respaldo ás estruturas empresariais
  • * O Plan estará cofinanciado a partes iguais pola Xunta de Galicia e o Goberno Central que, polo tanto, aportarán cada ano 20 millóns e medio de euros respectivamente * Nos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2006 concrétase a dotación da Administración Central para este plan, asinado polo presidente da Xunta e o Ministro de Traballo o pasado 17 de setembro en Santiago de Compostela
  • * Emilio Pérez Touriño subliña que o goberno autonómico anterior só negociara o traspaso de tres materias das 33 que agora reclama * O xefe do Executivo convida a Manuel Fraga a participar “sen imposicións” na ponencia parlamentaria que abordará a reforma do Estatuto * O mandatario galego destaca a sintonía entre os gobernos galego e central, como o amosa que os Orzamentos do Estado convertan a Galicia na comunidade na que máis medran os investimentos * Anuncia que o Executivo autonómico porá en marcha e execución o Plan xeral de normalización lingüística “de forma urxente”
  • * Emilio Pérez Touriño destaca que os presidentes de Endesa e Gas Natural lle aseguraron que en ningún caso haberá merma dos intereses que as devanditas compañías teñen en Galicia * Explica que o Goberno galego “non ten que tomar partido nunha operación deste tipo” * Valora a iniciativa do empresariado galego do sector e afirma que o Goberno autonómico vela por que o resultado final sexa favorable ós intereses de Galicia
  • * O presidente da Xunta participou, en Madrid, nos Desayunos Informativos de Europa Press * Sinala que a reforma que propón permitirá “profundizar na lóxica do goberno e autogoberno compartido”, sen que isto supoña “unha minorización do papel do Estado como xestor neutral da solidariedade” * Asegura que a “Vía Galega” é a do “recoñecemento de España e da nación española, pero tamén doutras identidades igualmente nacionais que conviven dentro e conxuntamente con ela” * Lembra que “Galicia está chamada, e quere ser, un referente no debate da ordenación territorial do Estado” * Considera que o modelo que propón require seis ámbitos de reforma estatuaria, todos eles “abordables dentro dos límites que a actual Constitución impón”
  • ? Carmen Gallego explicou no pleno do Parlamento de Galicia as liñas xerais do traballo que desenvolverá o seu departamento e que se basearán nas persoas e no diálogo ? Anunciou unha xuntanza cos mariñeiros da frota que faena en augas de NAFO
  • * O vicepresidente creará un Instituto Galego de Asuntos Sociais coa colaboración de todas as administracións e o tecido social * Quintana demanda un compromiso de todas as forzas políticas nun Acordo Galego pola Igualdade * Anuncia a creación dunha Rede Galega de Escolas Infantís en colaboración cos concellos e outras entidades * Prevé a posta en marcha nesta Lexislatura dunha axuda aos mozos e mozas que buscan o seu primeiro emprego * Porá en marcha un Plan de Acción Nacional para as Persoas Maiores que optimice os recursos e atenda as necesidades * Anuncia que os orzamentos galegos para 2006 recollerán un complemento autonómico ás pensións non contributivas