Notas
-
Na reunión entre Carmen Bouso e a Federación Galega de Confrarías tamén se tratou o adianto da campaña da nécora.
-
- Así o asegurou o presidente da Xunta, durante a inauguración de Galiemprego 2005. V Feira da Formación e do Emprego de Galicia - Galicia foi a cuarta Comunidade na que máis medrou o número de activos e o de ocupados no 2004, aumentando nun 2,27 e un 3,38 por cento, respectivamente - O número de afiliacións á Seguridade Social tamén se incrementou en máis de 160.000 persoas entre os anos 1998 e 2004 - Os esforzos realizados pola Xunta nesta materia permitiron un crecente aumento do emprego feminino; a creación de máis de 1.400 postos de traballo para discapacitados; que máis de 8.000 traballadores se beneficiaran das axudas ao emprego autónomo; e que 11.500 desempregados participasen en programas de cooperación - Tamén se conseguiu contratar a máis de 12.000 desempregados a través dos incentivos á contratación estable e que máis de 30.000 persoas participasen en cursos de formación ocupacional
-
O departamento autonómico financiará con 18.000 euros tres cursos de formación para evitar a sinistralidade laboral entre os traballadores do mar. Segundo se recolle nun convenio asinado entre os responsables de ámbalas dúas entidades.
-
Barreiro informou da iniciativa na xuntanza do Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos celebrada en Santiago. Entre 2002 e 2004 iniciáronse 98 expedientes de protección animal e outros 223 de tenza de cans potencialmente perigosos.
-
- O director de Desenvolvemento Sostible presentou a iniciativa, con motivo da visita a Galicia do grupo de traballo procedente de Ecuador. - A Axencia Española de Cooperación Internacional, as Nacións Unidas e a Unidade de Desenvolvemento Norte participan na acción. - O obxectivo é avanzar nunha serie de prioridades sociais, ambientais e económicas para favorecer o progreso da zona. - O conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, reuniuse co grupo para coñecer de primeira man o proxecto.
-
No Día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo, o Goberno Galego co conxunto da sociedade renova o seu compromiso co dereito constitucional á seguridade e saúde laboral, o compromiso co dereito a un traballo seguro e de calidade.
-
Manuel Fraga reuniuse cun dos propietarios, co director da Real Banda de Gaitas de Ourense e coa directora xeral de Turismo da Xunta para abordar o tema. Tamén informou da restauración dos Camiños de Santiago que pasan pola zona.
-
A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural rexeita que o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación non inclúa a Galicia no último Real Decreto que recolle as axudas para paliar os danos por xeadas.
-
O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes asinou acordos de colaboración con 17 concellos das Comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga, cunha asignación total de 880.976 euros, dentro do “Programa de Cooperación para Infraestruturas Rurais”, dotado con 20 millóns de euros.
-
Aurelio Miras representou á Xunta nun acto conmemorativo, no que definíu estes 120 anos como a base sólida sobre a que seguir construíndo dende o compromiso coa galeguidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 736
- 737
- 738
- 739
- 740
- 741
- 742
- 743
- 744
- …
- seguinte ›
- última »