Notas
-
O presidente da Xunta inaugurou o congreso Canalejas e a súa época, que se celebra en Ferrol con motivo do 150 aniversario do nacemento deste político de orixe ferrolá.
-
Esta iniciativa ten como finalidade achegar o idioma galego ao mundo das tecnoloxías.
-
Ata agora levan participado máis de 5.500 alumnos pertencentes a 35 comarcas galegas.
-
A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado disporá de seis vehículos cedidos por Fiat Auto España que serán utilizados como “coche oficial” nalgunhas das actividades que este departamento da Xunta dirixe á mocidade.
-
A titular de Asuntos Sociais visitou as empresas instaladas no complexo ourensán de San Cibrao das Viñas e mantivo unha xuntanza co seu equipo directivo.
-
- O vicepresidente segundo e o presidente de Sogama presentaron a Guía Pedagóxica para os alumnos, deseñada para favorecer a reciclaxe - Distribuiranse 4.500 unidades didácticas entre centros escolares e municipios adheridos ao plan Sogama - O conselleiro de Medio Ambiente referiuse a Sogama como o mellor sistema de xestión de residuos, xa que garante o tratamento integral e insistiu na “man tendida” a outras fórmulas
-
Reuniuse a Comisión Asesora do Plan Galego de Preparación e Resposta, que é o órgano de seguimento, coordinación e proposta de actuacións. Nesta xuntanza constitutiva da Comisión, designouse o secretario da mesma; avaliouse o estado da situación en relación a unha posible pandemia, e revisouse o papel de cada un dos membros, e a súa implicación nos grupos de traballo. A clave é organizar os recursos existentes; e isto supón, en termos xerais e paralelamente, mellorar os sistemas de información entre institucións sanitarias e non sanitarias, a resposta fronte aos períodos de gripe anual, e as infraestructuras sanitarias e de emerxencia para calquera outra eventualidade.
-
- O vicepresidente mundial da compañía informática Sun Microsystem, Adolfo Hernández, será o encargado de abrir as sesións de ponencias - No encontro, que se celebrará no Pazo de Congresos de Santiago, haberá un total de 10 conferencias plenarias e máis de 20 obradoiros.
-
- O día 13 de abril, celébrase un Simposio internacional sobre asistencia ventricular mediante un novo concepto de Levitación magnética - Está indicado para pacientes en postoperatorio que sofren shock cardioxénico e para aqueles que entran en fallo ventricular estando en lista de espera para recibir un corazón - É o sistema que máis reduce o risco de formación de trombos e embolismos, ademais de ser o máis económico do mercado
-
Así o explicou o Xefe da Unidade de Xestión de Recursos da CE ó Consello Galego de Pesca nunha xuntanza en Santiago.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 752
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- …
- seguinte ›
- última »