Notas
-
- Conmemórase o Día Meteorolóxico Mundial, baixo o lema O tempo, o clima, a auga e o desenvolvemento sostible. - A rede actual está composta por 23 estacións, cuxos datos se actualizan na web cada hora. - MeteoGalicia ofrece dende febreiro un sistema pioneiro en España de información marítima e oceanográfica.
-
José Manuel González mantivo no hospital Provincial unha xuntanza con profesionais sanitarios do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Nas vindeiras semanas se prevé asinar un convenio co Concello de Pontevedra e, inmediatamente, sacar a concurso a licitación da ampliación. En breve iniciarase a adaptación da ampliación provisional do servizo de urxencias. A Fase IV do CHOP incluirá a construcción do definitivo servizo de urxencias.
-
A conselleira de Emprego entregou en Santiago os diplomas aos alumnos dos cursos FIP impartidos por ACEFO. Asuntos Sociais financiou con preto de 800.000€ os 19 cursos desenvolvidos por ACEFO en 2004.
-
A Consellería basea a súa decisión na severa afección que produciría a obra hidráulica proposta sobre a fervenza de Entrecruces.
-
O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes asinou acordos de colaboración con 17 concellos das Comarcas de Terra de Trives, Terra de Caldelas e Valdeorras, cunha asignación total de 902.127 euros, dentro do “Programa de Cooperación para Infraestruturas Rurais”, dotado con 20 millóns de euros.
-
Ante o anuncio en Arxentina de crear unha oficina de atención ós retornados. Emigración aclara que estas xa levan funcionando desde o 2004 por iniciativa da Xunta de Galicia.
-
Medio Ambiente investiu máis de 800.000 euros na clausura do vertedoiro de RSU de Curtis (A Coruña) e na construción do punto limpo desta localidade. O punto limpo de Curtis contará cunha microplanta semellante ás denominadas plantas de transferencia de Sogama.
-
A tal efecto o Diario Oficial de Galicia publica tres resolucións da División de Recursos Económicos do Sergas. A Administración sanitaria merca alta tecnoloxía, radioloxía convencional e ecógrafos para diversas especialidades.
-
O conselleiro de Educación recibiu ao alcalde deste concello coruñés, que lle presentou as principais demandas dos seus centros.
-
José Manuel González e Pilar Rojo colaboran na creación de máis centros que contribúan á reconciliación da vida familiar e laboral dos traballadores galegos. Trátase do primeiro en contar con este servizo na rede hospitalaria galega.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 763
- 764
- 765
- 766
- 767
- 768
- 769
- 770
- 771
- …
- seguinte ›
- última »