Skip to main content

Notas

  • Novos investigadores da comunicación, procedentes de universidades de España e América Latina, reúnense na Facultade de Comunicación da Uvigo con motivo do IV Doctorial da Asociación Española de Investigación en Comunicación. Organizado pola asociación e a facultade, trátase dun evento dirixido a pór en contacto investigadores que traballan actualmente nas súas teses de doutoramento con “académicos e académicas de referencia no noso país”.
  • O auditorio Mar de Vigo acolle dende o mércores e ata o venres a cita anual de EUNIS, a organización europea de sistemas de información universitarios. Esta edición, coordinada pola Universidade de Vigo, ten como lema Universidades europeas e transformación dixital. Retos e oportunidades e nela participan 210 asistentes de 24 países, principalmente de Europa.
  • As infeccións respiratorias bacterianas e virais contribúen significativamente á morbilidade e mortalidade global. Patóxenos causantes de enfermidades como a tose ferina, a pneumonía, a gripe ou a COVID-19 teñen importantes implicacións para a saúde pública. Para combater esta problemática dende etapas temperás da infección creouse o consorcio europeo NOSEVAC, no que participa de maneira activa o CiMUS, da USC.
  • O programa da novena edición do Fancine de Lemos presentouse esta mañá en rolda de prensa na Casa do Concello de Monforte. O festival, referente galego do cinema fantástico, chega este ano á súa novena edición con cinco días de proxeccións de curtametraxes, longametraxes e actividades paralelas arredor da produción e distribución de proxectos cinematográficos e da arte da creación de pezas e obxectos de terror.
  • A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense acolleu este martes a celebración da xornada Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro. A cita estivo organizada polo Nodo CIBER.gal en colaboración con esta escola da UVigo e co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
  • A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca pecharon as súas portas tras cadro días nas que negocio e lecer uníronse tanto na súa área expositiva como no seu programa de actividades. A falta dunha hora e media para o seu peche (19.30h), o certame recibiu desde o pasado xoves a 100.684 visitantes, aumentado así as súas cifras respecto ao ano pasado.
  • Neste primeiro semestre de ano 2023, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade estase a apreciar un descenso no número de ofertas de traballo lanzadas polas empresas galegas para a contratación de persoas, o que desencadea unha baixada no número de insercións con respecto ao ano anterior.
  • Cunha fundada análise metodolóxica, unha demorada investigación dialéctica e unha coidada presentación, Dario Villanueva debullou exemplos da linguaxe de hoxe en día en campos sociais tan dispares como a literatura, o dereito, a política e a publicidade. Todo este esforzo destilouno na súa obra 'Los poderes de la palabra', da editorial Galaxia Gutemberg, que presentou no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG).
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), falla a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2023. Está destinado a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal).
  • 'Toda a comunicación de Ucraína estudarase no futuro nas facultades'0. É parte do que se analizou este xoves no Centro Internacional de Prensa de Galicia, nunha charla impartida por Marcos Méndez, xornalista de Lugo na guerra en Ucraína e gañador neste 2023 do Premio de Liberdade de Expresión José Couso, outorgado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.