Skip to main content

El BNG insta al Gobierno central a pedir perdón a las víctimas de Angrois como hizo con el Yak 42

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón e a representante do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda compareceron ante os medios de comunicación para dar conta do debate do día 25 de xaneiro na Comisión de Peticións do Parlamento europeo á que asistirán responsables de seguridade ferroviaria da Comisión Ferroviaria Europea (ERA) e o seu director Jofer Dopplbauer tras cuestionar o informe remitido polo Estado español, ADIF e RENFE da investigación do accidente de Angrois.

A portavoz en Europa Ana Miranda explicou que “o BNG conseguiu en Bruxelas a terceira rolda de reunión coa Axencia Ferroviaria Europea (ERA) para tratar o accidente do Alvia e anunciou que a Asociación de vítimas de Angrois aportará nova documentación e datos para abrir novas liñas de investigación que esclarezan definitivamente o ocorrido. Miranda denunciou que durante meses, “ PP e o PSOE boicotearon o debate”.

Miranda explicou que a Axencia Ferroviaria Europea emitiu un informe, que posteriormente entregou ao BNG e a Asociación de Vítimas, cuestionando “ao Estado español, o Goberno, RENFE e Adif” por detectar “falta de independencia dunha investigación ” da que formaban parte empresas públicas implicadas no accidente ferroviario. Ademais, a Asociación de Vítimas non tivo ningunha oportunidade de “sere escoitada” polo que o BNG pedirá dende Bruxelas a “comparecencia dos directivos da Axencia Ferroviaria Europea no xuízo de Angrois”.

Ana Pontón insistiu na necesidade de seguir investigando o acontecido no accidente de Angrois e lamentou que a Asociación de Vítimas teña que seguir “peregrinando a Bruxelas ante a insensibilidade dun goberno que non “ escoita ás familias e afectad@s” e tampouco está disposto a poñer fin as “mentiras do Estado e a impunidade nas responsabilidades políticas na falta de seguridade no ferrocarril”.

Para Pontón é necesario coñecer a verdade e que se asuman responsabilidades polo que apelou a crear comisións de investigacións nos parlamentos galego e español e esixiu que o goberno español “pida perdón polas vítimas de Angrois ao igual que fixo coas vítimas do Yak 42”, que o Estado asuma responsabilidades políticas e que as persoas que tomaron as decisións de recortar na seguridade do tren galego “paguen por ese erro”.

A nacionalista recalcou que “merecemos unhas infraestruturas ferroviarias que cumpran os máximos estándares de seguridade” e criticou que o Partido popular non teña un compromiso firme para rematar coa modernización da rede ferroviaria ao que sumou “os retrasos e rebaixas do AVE”. O BNG, dixo, seguirá reivindicando modernizar a liña ata Ferrol, as saídas con Porto e Lisboa así como as conexións entre Lugo-Coruña-Monforte.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.