Skip to main content

El BNG pide a la Fiscalía que investigue la venta de Novagalicia Banco por presunta malversación y negligencia en esta operación

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG presentou unha denuncia ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) instando a abrir unha investigación sobre a venda de NovaGalicia Banco por considerar que pode ser constitutiva dun deleito de malversación de caudais públicos. A formación nacionalista recorre tamén a vía penal, ante o bloqueo do PP á comisión de investigación das caixas no Parlamento.

“Foi un proceso fraudulento que supuxo á perda do sistema financeiro galego, con opacidade, coa modificación das normas e no que se perderon 9.000 millóns de euros de recursos públicos”, explicou a portavoz nacional, Ana Pontón, na presentación da denuncia ante o alto tribunal. “Hai que investigar a fondo”, recalcou, “porque hai moitas preguntas sen responder e non é de recibo que os responsables se vaian de rositas”.

Entre as incógnitas sen despexar, por qué o FROB procedeu a unha venda precipitada anos antes do prazo dado por Bruxelas que expiraba en 2017 ou por qué se aceptou unha poxa á baixa que imposibilitaba recuperar os cartos do rescate. Pontón lembra que en dous anos Abanca obtivo un beneficio de 600M€, -o 66,1% do invertido-, o que demostra que era viable e solvente como entidade pública.

O BNG decidiu presentar esta denuncia ante a Fiscalía á vista “do bloqueo” do PP ao funcionamento da comisión de investigación das caixas no Parlamento, “por iso pedimos que a xustiza investigue polo penal a maior fraude financeira de Galiza”.

“Será posible se a xustiza actúe con independencia e non hai interferencias por parte do Goberno”, indicou, tendo en conta os reiterados intentos de Feijóo “para evitar unha investigación real” da desaparición das caixas. “Se o PP non tiveran nada que ocultar serían o primeiro interesado na investigación”, alegou.

Pontón puxo como exemplo a intervención xudicial nas indemnización ilegais dos ex directivos como argumento engadido á presentación da denuncia ante o TSXG. “O que non é de recibo é que desapareza o noso sistema financeiro, que se perdan 9.000M€ e non haxa responsabilidades”.

A dirixente do Bloque tamén criticou a “falta de humildade” do empresario venezolano Juán Carlos Escotet, “que fixo o negocio de século, mentres Galiza saíu perdendo”. “Ven dicirnos que recibiu un banco escarallado cando en realidade recibiu un banco regalado, cunhas condicións de venda onde as garantías ofertadas polo Estado superaban ao prezo ofertado. Por exemplo, a devolución das cláusulas solo son a conta do erario público e non dos beneficios de Abanca”, alegou.

Para o BNG é claro que hai responsabilidades penais e políticas, “cun Feijóo cómplice”, e que a cidadanía galega ten dereito a coñecer a verdade deste desfalco con claros indicios dun deleito penal.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.