Skip to main content

Villares dice sentirse respaldado políticamente por Beiras, mientras culpa a Feijóo de la movilización laboral en Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A sesión de control ao presidente da Xunta rematou no Parlamento de Galicia cunha falta de resposta por parte de Feijóo ás preguntas do voceiro de En Marea, Luís Villares. O voceiro preguntou a Feijóo que balanzo facía da situación de Galicia neste primeiro período de sesións. Ante a falta de resposta do presidente, Villares realizou un relatorio dos casos máis recentes nos que o goberno da Xunta se encontrou cunha resposta social na rúa.

Luís Villares sinalou unha serie de mobilizacións cidadáns recentes en Galicia, comezando pola actual folga de transporte que ten a Galicia "parada polos erros continuados do goberno co transporte en Galicia e nunha situación na que o goberno non está tomando as decisións correctas para solucionar a folga". O voceiro tamén sinalou que cando o goberno de Feijóo toma decisións tamén provoca rexeitamento na rúa, como é o caso "do peche dos centros educativos que a Xunta anunciou só un día antes do fin do curso e que levou á rúa ás nais e profesorado de todos os centros".

No mesmo sentido, Villares pediu a Feijóo que non acepte as presións de Villar Mir para segregar as centrais dos ríos Xallas e Grande, "eu pídolle -declarou o voceiro- que resista as presións de Villar Mir e que se quede do lado da xente da Costa da Morte e dos traballadores de Ferroatlántica, coa toda esa xente coa que está En Marea".

Villares aludiu tamén ao "escaso peso político que o presidente da Xunta ten en Madrid, porque un presidente que ten unha maioría absoluta e que ademais recibe o mandato unánime de todo o Parlamento para reclamar o traspaso da AP-9 en Galicia e non consigue nin convencer aos do seu partido en Madrid é que ten peso político algún".

Luís Villares relacionou todos estes casos coa situación xeral que vive Galicia con datos como un desemprego que, en contra do resto de Estado, non deixa de medrar sen que haxa un plan por parte da Xunta para atallar esta situación e que os "mozos galegos sigan marchando a buscar traballo a outro lado". Tamén recriminou a situación do emprego en Galicia, a peor das comunidades do Estado español, "En Marea acaba de presentar corenta medidas, non nos importa que o PP as copie -sinalou o voceiro.- porque iso quererá dicir que comeza a preoucuparse pola situación real do país".
R.