Skip to main content

La Xunta no descarta el traspaso de la AP-9 pero prioriza limpiarla de la carga de los peajes bonificados. El PSdeG critica su actitud

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, considera “lamentable” o “último intento desesperado de Feijóo por xustificar o veto á transferencia da AP-9”. O socialista desbota o argumento do suposto custe para Galicia dunha transferencia que foi vetada no Congreso polo goberno do PP “precisamente co mesmo argumento do suposto custe para o Estado”.

Sinala que o novo xiro argumental do presidente da Xunta “demostra que é cómplice, que foi cómplice dende o principio, xa que logo de votar a favor da transferencia, agora argumenta en contra, cando xa o Ministerio ten amosado a súa oposición”.

O responsable socialista reclámalle ao presidente da Xunta que realice “menos esforzos dirixidos a enganar aos galegos e galegas e máis para convencer ao goberno” de que desbloquee o trámite dunha Lei aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e vetada na Mesa do Congreso.

Acusa a Feijóo de “artellar novos argumentos cada día” para “tratar de agochar que en realidade carece de peso político para conseguir a transferencia dunha infraestrutura vital para Galicia”. Pregunta “por qué se non onte estabamos todos de acordo en aprobar esta Lei -por dúas veces- e hoxe resulta que é inoportuna”.

“Feijóo –engadiu- fúrtalle a Galicia a posibilidade de recabar a competencia sobre a AP-9, o que suporía “o primeiro paso para conseguir unha rebaixa significativa das peaxes”. Explicou que esta vía constitúe “a rúa maior de Galicia”, unindo 6 áreas urbanas e o 70 por cento da poboación da Comunidade Autónoma.
R.