Skip to main content

El paro baja en agosto en Galicia en 746 personas, lo que implica un descenso del 0.41% respecto al mes anterior, según datos del Gobierno central

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia cierra agosto con 181.125 personas en el paro, situándose por primera vez desde el inicio de la crisis por debajo de las 190.000 en un mes de agosto. El desempleo cayó con respeto al mes de julio un 0,41% y con respeto al mismo mes del año pasado un 6,17%. “Los datos reflejan que Galicia ve en la buena dirección manteniendo un mejor comportamiento que el promedio español, ya que somos la tercera comunidad donde más disminuye el paro y somos también la comunidad con más afiliaciones”, destacó el conselleiro de Economía, Empleo e Industria, Francisco Conde.

Así, mientras que España registra una subida del desempleo del 1,39%, Galicia baja un 0,41% con respeto al mes pasado, situándose como la tercera comunidad con más caída intermensual en términos absolutos. Con respeto a las afiliaciones, Galicia sube un 0,23% con 2293 más, mientras que el estado baja un 0,97%, situándose como la comunidad autónoma en la que más se incrementa la afiliación intermensual.

Tal y como destacó el conselleiro, la calidad del empleo sigue creciendo: “Los datos están dando muestras de la fortaleza de la recuperación económica en Galicia y tenemos que seguir avanzando para que esa recuperación llegue a todos creando empleo”, destacó y recordó que en el último año se crearon cerca de 20.000 puestos de trabajo “que marcan la tendencia clara de que finalizaremos esta legislatura por encima de los 80.000 empleos creados”.

En esos últimos doce meses el paro descendió en las principales variables, bajando en las cuatro provincias y también en las siete grandes ciudades, así como en todos los sectores, liderando el descenso a construcción (-17,56%), la agricultura y la pesca (-10,86%) y la industria (-10,36%).

También cayó el paro en los colectivos prioritarios para la Xunta como son los menores de 30 años, los parados de larga duración y las mujeres: “Dos de cada tres desempleados que salieron del paro en los últimos 12 meses eran parados de larga duración”, informó Conde.

El conselleiro insistió en que para que la recuperación sea firma hay que seguir ahondando en la creación de empleo de calidad, así explicó que la contratación en general subió en el último año un 9,38%, superando en 3,5 puntos a promedio estatal, aumentando tanto la indefinida un 8,98% como la contratación a tiempo completo un 12,71%.

Con respeto al mismo mes del pasado año, el número de personas sin empleo también disminuyó, en un 6,17%, registrándose 11.920 parados menos y encadenando cuatro años consecutivos de caída en la evolución anual en un mes de agosto, período en el que 1 de cada 3 parados abandonaron las listas del paro. También aumentaron las afiliaciones un 2,02% registrando más de 3 años de subidas consecutivas. En cuanto a las provincias, Pontevedra lidera la bajada con respecto a agosto de 2016 (-8,09%), seguida de A Coruña (-5,90%), Ourense (-4,11%) y Lugo (-1,67%).

Con estos datos, el mercado laboral sigue mejorando en Galicia mes a mes bajando las cifras de desempleo de manera consecutivo desde principios de año, lo que sitúa a la Comunidad ante un buen escenario para conseguir el reto fijado en la Agenda 20 de crear, por lo menos, 80.000 nuevos puestos de trabajo.

Conde destacó que la Xunta seguirá trabajando en esta dirección para consolidar y mejorar estos datos con la prioridad de crear empleo estable y de calidad a través de una planificación idónea. Entre estas medidas, varias fueron activadas en el último mes, como la puesta en marcha del bono autónomo con apoyos de hasta 3000 euros; el aumento en seis meses de la tarifa plana de 50 euros del estado para garantizar la continuidad de 6000 autónomos gallegos, la ampliación en un millón de euros de las ayudas para la contratación indefinida del primero, segundo y tercero trabajador; las ayudas para incentivar con hasta 10.000 euros en las pymes a contratación indefinida de desempleados; o los apoyos para impulsar el empleo juvenil, dotados con 9 millones de euros, más la experiencia pionera Emplea Juventud.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

UGT-Galicia considera que o bo dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia non pode ocultar os altos índices de rotación laboral e precariedade, eivas que están lastrando ao mercado laboral da nosa Comunidade. Ademáis, a estacionalidade e a precariadeade na contratación non serven para reducir a brecha laboral e de idade, xa que o paro segue a cebarse no colectivo de mulleres e mozos. Por se non fora pouco, as taxas de cobertura por desemprego seguen moi baixas e as prestacións perden o seu carácter contributivo.

A redución do desemprego en agosto de 2017 en 746 persoas, céntrase sobre todo no descenso en dous sectores, agricultura, gandería e na construción, e base en contratos temporais e cada vez más precarios.

E non só precariedade nos que están dentro do mercado laboral, senón que a precariedade chega ao desemprego, as prestacións por desemprego cobren pouco máis da metade dos desempregados.

Todo isto amosa a maior debilidade da recuperación do emprego feminino e a brecha mulleres-homes en torno ao desemprego, de feito hai unha tendencia clara de aumento do peso feminino no total, acadando nada menos que o 57,2% do desemprego é feminino.

Só o 5,66% dos contratos asinados no mes de agosto foron indefinidos; a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego; Hai unha clara estacionalidade no mercado laboral, e cada vez máis acusada, 90.305 contratos rexistrados nun mes son temporais, para un mercado laboral no que hai 998.891 cotizantes á Seguridade Social.

É unha boa noticia que o emprego aumente (a afiliación medrou en 2.293 cotizantes) e que descenda o paro. É o esperable nunha economía que medra a un ritmo do 3%, pero Galicia segue amosando unha crise de emprego, cunha taxa de paro do 16,1%, unha crise non só de cantidade, senón especialmente de calidade.

Porque cos datos de agosto ponse de releve que as empresas galegas seguen facendo só contratos temporais, hai un claro abuso da contratación temporal.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O grupo parlamentario de En Marea explicou a variable que explica a diferencia de Galicia co resto de España e que pasa pola diferente estacionalidade que rexistra o que da lugar a que todos os meses de agosto o paro baixe en Galicia mentres aumenta en España. Pese a esta circunstancia a realidade é que Galicia, en termos anuais, ten a peor evolución do desemprego, como demostra a baixada en agosto rexistrada en Galicia do 6 por cento no desemprego fronte ao 8 por cento de España. Estes datos aportados polo portavoz de En Marea, Luís Villares e o deputado Manuel Lago, evidencian ademais que co fin da temporada volverán a rexistrase datos negativos nos vindeiros meses que volverán a mellorar a finais de decembro. “Cando chegan os turistas baixa o paro e volve a subir cando marchan” remarcou Manuel Lago quen lamentou que o noso país estea a vivir “dependendo dunha actividade produtiva estacional”.

Os datos do 2017 foron segundo Manuel Lago, especialmente negativos en España co peor mes de agosto desde 2008 cunha perda de case 180.000 empregos, e tan so a creación de 44.000 novos empregos o que significa que “130.000 xa no confían en que o SEPE lle vaia dar un emprego e xa nin se inscriben nas oficinas de emprego”.

Na comparecencia destacouse tamén o feito de que “máis alá de que suba ou baixe o paro, o gravísimo problema co que se enfronta Galicia é a precariedade laboral. “Estase cambiando paro por precariedade” afirmou Manuel Lago. Incrementouse a rotación laboral situando á metade da clase traballadora galega en situacións de precariedade. Un dato relevante aportado ao respecto foi que neste pasado mes de agosto en España só 7,5 contratos de cada 100 foron indefinidos mentres que en Galicia esta cifra baixa ata o 5,6 por cento, unha tendencia que se ven repetindo nos últimos anos. “Estes datos deixan unha idea fundamental, na actualidade un contrato non é un emprego. Creáronse 100.000 contratos pero so aumentaron en 2.000 as persoas con traballo o que implica que se asinaron case 50 contratos para cada posto de traballo creado” explicou Manuel Lago.

Ante estes datos, o grupo parlamentario de En Marea marcase como un dos eixes estratéxicos para este período de sesións e a lexislatura será precisamente a recuperación do emprego con dereitos e a loita contra a precariedade laboral. Neste sentido o voceiro, Luís Villares, declarou que En Marea non se resigna ao que ofrece o PP e por iso “como primeira forza da oposición” incidirán en formular unha liña propositiva que redundará en que todo o mundo poda vivir mellor. A creación de emprego con dereitos e a loita polo emprego digno será unha liña preferente de En Marea dirixíndose a tres segmentos de poboación en especial como son a mocidade, as mulleres e os parados de longa duración de máis de 50 anos.

Un segundo eixo de actuación neste período de sesións será a mocidade para loitar contras as políticas impostas polo Goberno galego que “non fixo nada para lograr o retorno da mocidade emigrada nin cambiou a situación para que non teñan que marchar”.

A xustiza social será outra das liñas preferentes será a xustiza social en primeiro lugar para as situación de carácter máis extremo como a pobreza e exclusión social sobre o que o voceiro de En Marea destacou o aumento da taxa de pobreza no ano anterior pese a supostamente estar nunha fase alcista. “Queremos que toda a xente teñan dereito a acceder a bens básicos como unha vivenda, enerxía, ou alimentación” afirmou Villares. Para iso En Marea, loitará nos vindeiros meses para que os dereitos fundamentais sexan asegurados desde o público. “Merecemos algo mellor e non o que nos ofrece nestes momentos o PP” concluíu o voceiro de En Marea.

A voceira de En Marea no Congreso dos Deputados, Yolanda Díaz, referiuse tamén aos datos do emprego na súa comparecencia ante os medios desta mañá. Díaz asegurou que estase a destruir emprego e, por outra banda, en relación a suposta recuperación de emprego da que fala a Ministra, estamos precarizando o emprego.

Desde En Marea no Congreso consideran moi grave que teñamos 741.000 persoas que descenden a poboación activa. A ministra, de forma vergoñenta, dixo que esto era porque incrementamos pensionistas. É unha enorme falsidade. O que hai é unha caída brutal da poboación activa e destrucción de emprego.

Por outra banda, destacaron o feito de que non está sobre a mesa a necesidade de articular un modelo productivo. “Que vai producir Galicia? Hai que levar unha estratexia transversal para crear postos de traballo, porque senón seguiremos cunha economía que producirá máis pobreza e fame" defendeu Yolanda Diaz.

“Non soamente non se crea emprego senon que o emprego que temos é de malísima calidade. Os datos son demoledores. Un tercio dos traballadores/as asalariados/as son pobres. Estamos vivindo un momento de exepcionalidad, que estando incoporando ao mercado laboral, hai xente que necesita de prestacións para poder sobrevivir. É unha indecencia".
R.