Skip to main content

Críticas de los políticos gallegos a la decisión de la Fundación Francisco Franco de cerrar el Pazo de Meirás por razones de seguridad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, cualificou de “vergonzante” a resposta do Executivo autonómico aos desafíos da familia Franco. Burgo reclamou “sancións inmediatas” polo incumprimento da obriga de permitir visitas ao Pazo de Meirás e acusa ao Executivo de “dilatar o problema ao limitarse a abrir expedientes que tardan meses en prosperar”.

Sinalou que o Executivo debe “actuar de inmediato para garantir a reapertura” do inmoble declarado BIC, xa que o contrario supón “a vulneración da Lei de Patrimonio Cultural”, cando non “poñer escusas e mirar para outro lado”. A responsable socialista anunciou iniciativas parlamentarias para garantir as visitas ao inmoble e sumarse á reclamación para que a familia devolva o patrimonio cultural galego no seu poder.

Considera “unha vergonza” que o Executivo “fale de reconciliación por donar un inmoble” xa que, dixo, “devolver un inmoble expoliado é de xustiza, non ten nada que ver con pedir perdón polos crimes do franquismo”. “Falar de reconciliación -dixo- seméllase moito a rogarlle á familia do ditador, á que non se atreven a enfrontarse, que lles saque dun apuro do que non saben cómo saír”.

Cualificou tamén de “vergonza” que “agora se lles ocorra pedir a donación do inmoble expoliado”, o que “evidencia que ou ben saben algo que teñen que explicar ou ben están facendo algo moi parecido a bailar a danza da chuvia para rematar coa seca e os incendios forestais”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG.
R.