Skip to main content

El BNG presenta una denuncia ante la ONU en contra del expolio del franquismo en Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A preguntas dos medios, a portavoz nacional tamén avanzou que o mércores, 20 de setembro, o BNG presentará unha denuncia ante a ONU contra o espolio do Franquismo en Galiza en relación ao Pazo de Meirás e a outros bens roubados ao pobo galego, así como ante a impunidade coa que aínda actúa o Franquismo no Estado. Pontón indicou que ela mesma encabezará a delegación que presentará a denuncia ante a delegación da ONU en Xenebra.

“Polo que significa o espolio do Pazo de Meirás que pagamos os e as galegas case que a punta de pistola e tamén contra a impunidade do fascismo en España, porque é incrible que haxa persoas perseguidas pola súa opinión, por defender a democracia e, ao mesmo tempo, se permita a exaltación do fascismo sen que haxa ningún tipo de consecuencia”, denuncia.

“É algo que como demócrata me indigna, ver como o Estado español fai a vista gorda fronte a unha fundación que fai exaltación dos crimes do franquismo. Chegou o momento de dicir basta xa e nunca máis franquismo”.
R.