Skip to main content

El PPdeG pide a la oposición pactar la forma de reincorporar el Pazo de Meirás al patrimonio público

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou a disposición do PPdeG para chegar a un acordo no Pleno desta semana e sacar adiante unha proposición non de lei para a realización dun informe xurídico e histórico que permita ver que vías existen para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.

Pedro Puy lembrou que na sesión plenaria debateranse sendas proposicións non de lei do Grupo Popular e do Grupo Socialista a través das que se insta á Xunta á realización dun estudo xurídico, en colaboración con universidades e outras entidades públicas, que analice as posibilidades e mecanismos para incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.

“Imos coa predisposición de traballar conxuntamente cos demais grupos do Parlamento para aunar vontades e consensos que permitan sacar adiante un único texto”, sinalou o portavoz popular, quen se abriu a que se estuden todas as posibilidades para a futura incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público.

Así mesmo, Puy indicou que “estamos a falar do ingreso no patrimonio público dun ben que foi adquirido pola familia do ditador nun momento histórico determinado, que cos parámetros actuais mesmo nunca tería sido ingresado no patrimonio persoal desa familia”.

O portavoz popular tamén explicou que na sesión plenaria desta semana procederase ao debate para a súa aprobación do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. Neste sentido, recordou que o 50 por cento deste texto lexislativo non foi emendado polos grupos parlamentarios e outro 30 por cento chega ao debate final con acordos entre os grupos.

Puy considerou unha “boa nova” o acordo acadado no texto definitivo desta lei, que considerou como “a máis ambiciosa e completa do territorio nacional para loitar contra o abandono e o maltrato animal, fomentar a adopción de animais abandonados e concienciar á cidadanía sobre a tenza responsable de animais”.

Por último, Pedro Puy referiuse á segunda proposición de lei que defenderá o Grupo Popular no Pleno, dirixida á creación dunha Mesa do Camiño de Santiago na provincia de A Coruña, entre a Xunta e a Deputación Provincial, para impulsar o Camiño Inglés e a prolongación do Camiño de Santiago ata Fisterra e Muxía.
R.