Skip to main content

Aumenta en el tercer trimestre de 2017 el número de hogares gallegos que llega a fin de mes con dificultad

Nota de prensa del Instituto Galego de Estatística (IGE):

No terceiro trimestre de 2017, o indicador de confianza do consumidor (ICC1) reflicte un valor de -7,58 puntos, 0,6 puntos por enriba do referido ao trimestre anterior. Neste trimestre aumentaron tres dos catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador de situación económica en Galicia aumentou 0,36 puntos, o de situación financeira persoal 1,72 puntos e o de capacidade futura de aforro aumentou 4,31 puntos. O indicador parcial das perspectivas de evolución do desemprego, pola súa banda, diminuíu case 4 puntos.

O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600€ ao mes acada o valor de -26,62, namentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por riba dos 3.000€) o indicador sitúase en 14,57.

No terceiro trimestre de 2017 o 48,33% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 42,13% con dificultade e o 9,54% restante con moita dificultade.

Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese unha diminución de 6,19 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, e un incremento de 6,77 puntos na dos que chegan con dificultade. A porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade diminuíu 0,57 puntos no terceiro trimestre de 2017 respecto ao segundo.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2016, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes medrou 4,9 puntos. Pola súa banda, as porcentaxes de fogares que chegan con dificultade e con moita dificultade a fin de mes caeron 2,22 e 2,67 puntos respectivamente no terceiro trimestre de 2017 respecto ao mesmo período do ano anterior.

O 19,79% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

O 13,23% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a mercar marcar brancas, produtos en oferta, etc. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no terceiro trimestre de 2017. Ademais, o 13,06% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns, como a roupa e o calzado, o transporte, etc. (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).

O 68,35% dos fogares galegos ten pensado saír a cear, a cafeterías, ir ao cine ou ao teatro nos próximos tres meses, o 47,79% facer algún extra en produtos de alimentación, o 38,97% aforrar algo de cartos e o 16,38% realizar algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado. Esta última variable (algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado) increméntase 5,52 puntos respecto ao mesmo período do ano anterior (10,86% no terceiro trimestre de 2016 fronte ao 16,38% do terceiro trimestre de 2017).

R.