Skip to main content

El presidente de la Xunta arremete contra el 'terrorismo incendiario que mata' y pide el esfuerzo de la ciudadanía en esta lucha

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Toda Galicia chora ao ver parte dos nosos montes calcinados. Pero especialmente toda Galicia chora pola perda de tres persoas xa confirmadas e quero que as primeiras palabras desta declaración institucional sexan para as súas familias e para os seus seres queridos. En nome de todo o pobo galego, transmitímoslles as nosas condolencias. Compartimos a súa dor e, por suposto, ofrecémoslles todo o apoio —seguro que insuficiente— que poidamos darlles nestes momentos tan difíciles.

O Consello da Xunta acaba de decretar tres días de loito en Galicia.

Galicia non merece que nos provoquen esta dor.

Galicia non merece a angustia de tantas familias que tiveron que pasar a noite en vela temendo polos seus familiares, por si mesmos, polas súas casas e polas súas pertenzas, que nalgún caso se perderon.

Galicia non arde soa. A Galicia quéimana. Con carácter minoritario, pode haber lumes provocados por descoidos, pero un día como o de onte non é resultado da casualidade, non é resultado do azar. Hai unha intensa intención de facer dano nos lugares de maior impacto incluíndo desta vez zonas urbanas, zonas periurbanas e pobos e vilas.

Atacáronnos indiscriminadamente, non nos puideron facer máis dano. As galegas e os galegos non nos imos dar por vencidos nin contra os incendios nin contra os incendiarios. Porque Galicia está farta dos incendiarios que de forma continuada e constante atacan o noso patrimonio e ademais agora atacan as nosas vidas.

Galicia está farta de ter que vernos ameazados ciclicamente por incendiarios que se valen das condicións meteorolóxicas cada vez que teñen ocasión. Non o admitimos.

Galicia está farta de que se poida chegar a ter que asumir con naturalidade que cando non chove hai incendios. Iso tampouco o asumimos.

E Galicia está farta de que se relativice a actividade incendiaria cando do que estamos a falar é doutro xeito de terrorismo: o terrorismo incendiario. E non queremos ningún tipo de terrorismo en Galicia.

O terrorismo incendiario non só destrúe o noso patrimonio natural senón que pon en risco vidas –as dos membros dos equipos de extinción, as dos cidadáns-. E iso non só sucede e sucedeu onte, senón que esta noite volveu haber lumes desde as 12 da noite ás 9 da mañá e isto sucedeu cunha enorme intensidade esta fin de semana. Sucede ano a ano e cada día que xorde a oportunidade que lle brinda a climatoloxía sucede con maior intensidade.

Cada ano, a pericia dos equipos de extinción non só evitan danos maiores nos nosos montes. Tamén salvan vidas. Lamentablemente desde onte todos somos aínda máis conscientes disto, que do que se trata é de intentar producir danos irreparables na poboación con lumes forestais no centro das cidades como en Vigo e con lumes continuados e constantes durante a tardiña e durante a noite.

Todos temos moi presente o recordo do incendio de Pedrogão Grande, en Portugal, no mes de xuño pasado, no que desgraciadamente morreron 64 persoas. Nos últimos días os equipos de extinción están a enfrontarse a decenas de incendios de similares ou peores condicións que o incendio de Pedrogão Grande, en Portugal. A dimensión da traxedia que puido chegar a vivir Galicia é inimaxinable.

Por iso eu quero –e creo que o fago tamén en nome de toda Galicia- transmitir o meu recoñecemento e o meu agradecemento aos equipos de extinción, porque se están a enfrontar á peor actividade incendiaria coas peores condicións meteorolóxicas posibles e de forma simultánea, e están a centrar todos os seus esforzos en defender a cidadáns como eles e están a salvar vidas humanas. Moitas vidas de galegas e galegos salváronse esta noite como consecuencia da actividade comprometida e profesional dos Bombeiros, da Policía Nacional, da Garda Civil, da Policía urbana, da UME e, por suposto, das Brigadas Forestais da Xunta de Galicia.

Nunca antes houbo en Galicia tantos medios contra os incendios nun mes de outubro –o dobre do habitual- pero os equipos de extinción están a traballar e estiveron a traballar durante este fin de semana e sobre todo esta noite en condicións meteorolóxicas sen precedentes nun mes de outubro e nunha época do ano como a que estamos neste momento.

Por suposto que somos conscientes de que nada resulta suficiente cando se sente preto a angustia do lume e este non acaba de apagarse. Esa angustia é a de toda Galicia e así se sente tamén nos propios equipos de extinción e nas súas familias. Nin nos incendios nos que hai máis medios destinados se pode sufocar o lume coa eficacia habitual debido aos efectos colaterais desta noite e da tarde de onte como consecuencia do furacán Ophelia. A forza do vento, con rachas de entre 70 e 90 km/h, a temperatura, a seca continuada, son condicionantes que dificultaron extraordinariamente o seu labor. Por iso cómpre salientar aínda máis o mérito do traballo de este dispositivo.

Co obxectivo de priorizar as zonas nas cales os técnicos determinan que hai un maior risco de afectación á xente, ás súas vivendas e aos seus medios de vida, estanse orientando os labores de loita contra o lume desde o Centro de Coordinación, ao que nos volveremos a trasladar –como fixemos onte durante toda a tarde- na xornada de hoxe.

Permítanme solicitar neste punto a maior responsabilidade por parte de todos. Informacións erróneas que axuden a agrandar a desesperación e a confusión dos cidadáns non axudan a resolver unha situación que xa é complexa de por si. Pídolles aos galegos que sigan en todo momento as recomendacións polas canles oficiais e pídolles a todos que non se fagan eco de rumores sen contrastar, e que poden derivar nunha alarma aínda maior da alarma que xa estamos padecendo.

Quero tamén poñer de manifesto a capacidade de resposta do pobo galego. Cada vez que unha desgraza pon a proba a nosa determinación, os galegos respondemos do mesmo xeito: con solidariedade, con unidade e dando o mellor de nós mesmos. Os que pretenden queimar Galicia teñen enfronte a resolución de todo un país.

Esa Galicia que nunca esmorece nos malos momentos reflíctese na actitude de milleiros de heroes anónimos que souberon cumprir co seu deber como cidadáns, como veciños, como profesionais dos servizos de extinción, como profesionais sanitarios e como responsables públicos. Quero destacar e loar a coordinación das administracións e o espírito cívico da nosa xente, deste pobo, o pobo de Galicia.

Esa Galicia solidaria y firme ante el terrorismo incendiario representa la inmensa mayoría de nuestra gente. En cambio, aquellos que ocasionan la difícil situación que estamos viviendo no representan a Galicia. Pueden tener la capacidad de generar un inmenso horror como el que hemos vivido en las últimas horas, pero deben saber que no nos representan.

Quiero agradecer también todas las muestras de apoyo que hemos recibido en las últimas horas, de forma muy especial en la noche de ayer por parte del Jefe del Estado, Su Majestad el Rey, y del presidente del Gobierno en la noche de ayer y en la mañana de hoy, así como la colaboración que han prestado y que nos remiten distintos presidentes de comunidades autónomas y el Gobierno de la nación.

Aprovecho para atestiguar también nuestra solidaridad con el pueblo portugués, que por desgracia también está lamentando pérdidas de vidas humanas; y también nuestra solidaridad con el pueblo asturiano, que al igual que nosotros está luchando a estas horas contra las llamas que amenazan distintos puntos del Principado.

Los responsables de este terrorismo incendiario deben saber que sus acciones pueden matar y matan, provocando, en consecuencia, una desgracia irreparable. Deben saber que las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad (la Policía Nacional, la Policía Autonómica, la Policías local, la Guardia Civil) tienen como máxima prioridad buscarlos y trabajan para detenerlos. Y deben saber que en esa labor tienen y tendrán a la mayoría de los gallegos, que no aceptamos complicidades y que lo único que deseamos es que estos criminales paguen por lo que han hecho.

A indignación que sentimos todo o pobo de Galicia cos que lle prenden lume a Galicia é unha indignación xusta. Demostrarémola coa mesma unidade coa que moitos veciños se axudaron uns aos outros nesta noite, pasando horas tráxicas. Demostraremos que estes actos terroristas non dividen os lazos que nos unen, senón que o que fan é fortalecer os lazos de unión de toda a xente que vive, que vivimos, en Galicia.

Por iso me gustaría rematar chamando a unha mobilización conxunta en homenaxe aos equipos antiincendios, en homenaxe a todos os galegos que levan traballando desde a noite e desde o fin de semana na loita contra as lapas, e tamén en repulsa aos incendiarios e en recordo ás persoas falecidas. E hoxe convocamos, ás 12,30 horas desta mañá, un minuto de silencio nas institucións, tanto nos concellos, como na Xunta de Galicia, como na Administración Xeral do Estado.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro, Luís Villares, trasladou todo o apoio e solidariedade de En Marea con todas as persoas que “perderon todo ou moito” e sobre todo coas familias das catro vítimas mortais confirmadas ata o momento. “Unha vez máis é a cidadanía a que defende o ben común coas súas propias mans unha vez máis e cunha notoria falla de medios” declarou Villares. Ao mesmo tempo, o voceiro de En Marea quixo poñer en valor o recoñecemento de En Marea á cidadanía de Galicia que “é un exemplo que nos honra” e as equipas de extinción de incendios que está a levar a cabo un “traballo infatigable”. “Tamén para todo aquel persoal que de xeito voluntario incorporouse de xeito voluntario pese a non estar nin contratado” engadiu.

Villares fixo un ofrecemento ao conxunto da sociedade galega trasladando a disposición dos medios dispoñibles polo espazo de En Marea naqueles lugares nos que teñen responsabilidade de Goberno para colaborar na extinción dos lumes. Así mesmo, destacou a aposta das mareas municipais que desde o principio e en todo momento estiveron envorcadas coa cidadanía.

O voceiro de En Marea asegurou que “hoxe non é o momento de pedir dimisións senón que os responsables políticos traballen tentando de dar solución a aquelo que non fixeron en todos estes anos” “Pero si é tempo de pedir explicacións” continuou Villares asegurando que a Xunta de Galicia co seu presidente á cabeza veuse “notoriamente superada” por unha situación de lumes que non é toda imputable ao Goberno galego xa que as elevadas temperaturas ou a actividade incendiaria non é imputable, pero si outros aspectos como a falla de previsión dun dispositivo apropiado ou a coordinación das equipas de extinción de lumes. “Corresponde a Xunta facer unha previsión para contar cos medios necesarios ante unhas condicións metereolóxicas que xa se coñecían. Corresponde á Xunta previr os lumes que poidan vir doutros territorios veciños e en consecuencia mobilizar todos os medios dispoñibles” incidiu Villares. “Non é admisible que houbese brigadistas na casa desde hai días sen contrato coa previsión de condicións climáticas que tiñamos” salientou.

Así mesmo, o voceiro de En Marea sinalou a responsabilidade da Xunta de Galicia na elaboración de protocolos de evacuación que asegurou “non funcionaron” denunciando a falla de coordinación entre os distintos equipos de extinción. Para En Marea tería que se ter prohibido toda actividade lúdica no monte galego ante as previsións que se tiñan e que podían ter dado lugar a unha traxedia moito maior.

A información á poboación, tamén responsabilidade directa do goberno galego, foi outro dos fallos sinalados por Villares na súa comparecencia ante os medios asegurando que “nin a TVG nin a RG non funcionaron onte como servizo público” non ofrecendo unha programación acorde coa situación de emerxencia que estaba a vivir o país e pola que “haberá que pedir responsabilidades”.

O grupo parlamentario de En Marea solicitou no Parlamento de Galicia a suspensión do pleno ordinario de maña e pasado mañá, unha decisión que sería coherente ademais co decreto 3 días de loito anunciado polo presidente da Xunta. Esta petición como explicou o voceiro de En Marea aínda non obtivo o acordo do grupo parlamentario do PP polo que proseguen as xestións. Así mesmo, En Marea púsoxe en contacto co resto de grupos da oposición co obxectivo de lograr unha soa voz que emita unha mensaxe clara á sociedade para pedir explicacións e responsabilidades. O grupo de En Marea xunto co PSdeG e BNG pediron a convocatoria urxente da xunta de voceiros para pedir a alteración da orde do día do pleno de mañá. Despois de que Feijóo anunciase a alteración do mesmo para incluír a comparecencia da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para En Marea o máis adecuado sería anular o pleno ordinario e convocar un pleno extraordinario para a vindeira semana onde poder debater de xeito pausado todo o acontecido. Pleno no que debería ter lugar a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O voceiro de En Marea rematou a súa comparecencia manifestando o seu apoio “á sociedade civil viva que articula unha resposta coherente e solidaria” anunciando o apoio ás convocatorias de concentración convocadas polo Comité en defensa do monte galego para esta tarde. “Volvemos a ver unha sociedade galega desprotexida fronte á catástrofe, non houbo resposta administrativa nin política. Afunde o estado e emerxe a nación, afunde a Xunta e emerxe á xente” afirmou Villares.

“En Marea está comprometida con ese país que non se resigna a desaparecer e loita con dignidade para evitar que haxa máis lumes e tamén para que destes sucesos se saque unha lección. Servizos públicos ao servizo do ben común” concluíu.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediu unha comparecencia extraordinaria do presidente da Xunta no Pleno do Parlamento para dar conta da situación provocada polos lumes desta pasada fin de semana. Reivindicou que Feijóo dea conta ante a Cámara “igual que fixo hoxe diante dos medios de comunicación” despois do Consello Extraordinario.

O responsable socialista solicitou unha “diagnose de urxencia” sobre a situación actual prescindindo dunha “avaliación política” ata o momento en que se normalice a situación”. “É o tempo de apoiar –dixo- para que todos xuntos evitemos males maiores, logo chegará o momento de determinar as responsabilidades penais dos incendiarios e políticas do goberno galego”.

Emprazou así a un Pleno Extraordinario en canto a vaga de lumes sexa controlada para analizar as eivas dunha “política forestal que facilita a aparición de incendios, ou un Pladiga que limita a utilización máxima de recursos para controlar o lume e apagalo, ou aos servizos de emerxencia desbordados”.

Fernández Leiceaga advertiu do “certo desamparo” da cidadanía ante unha vaga de lumes de especial virulencia cunha Xunta de Galicia que “tiña tódolos medios en marcha, pero aínda así estaba desbordada, lastrada por unha reacción algo tardía”. Aplaudiu así a colaboración de tódalas administracións, tanto local como provincial e estatal e da cidadanía para traballar na extinción.

O portavoz socialista trasladou a “máxima solidariedade dos socialistas galegos cos afectados, cos falecidos e as súas familias e tamén cos que perderon as propiedades e pasaron medo no día de onte, así como coas persoas que traballan nas labores de extinción”.

Fernández Leiceaga fixo un retrato da situación “dantesca” que viviu Galicia nas últimas horas, cunha vaga de lumes que “segaba varias vidas”, obrigaba a desaloxar as casas, destruía cultivos, hectáreas de arborado e propiedades e á que a cidadanía se vía obrigada a afrontar “armada de caldeiros ou botellas”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Ante un balance “aterrador” con catro vítimas mortais, miles de persoas afectadas, centos de hectáreas e propiedades queimadas nun país cercado polo lume, a portavoz nacional, Ana Pontón, expresou a total solidariedade e apoio dun BNG “que se pon a disposición de Galiza” porque a prioridade é apagar os incendios.

“Todo o noso afecto ás familias das vítimas e a todas as persoas afectadas, e todo o noso recoñecemento aos que participan na extinción en condicións extremas”, salientou Pontón, quen fixo extensivo o recoñecemento a “todo o pobo galego que esta a dar un exemplo de dignidade colectiva, auto organizándose para enfrontar esta catástrofe”.

Pontón denuncia “o caos, a descoordinación, o abandono e desamparo” da poboación porque “nin o Goberno da galego nin o Goberno central estiveron á altura da situación”, e ante unhas circunstancias “extraordinarias pero previsibles”, das que o BNG leva semanas advertindo e ás que a Xunta “fixo ouvidos xordos”. “Ante situacións extraordinarias era preciso tomar medidas preventivas extraordinarias que o Goberno non quixo atender”, denunciou.

Neste sentido, o Bloque solicita a comparecencia urxente no vindeiro pleno do presidente da Xunta, porque é a súa obriga “dar a cara” ante esta situación “extrema” para informar, explicar o funcionamento dos dispositivos e para iniciar unha reflexión de fondo sobre o que é preciso mudar para evitar o drama dos incendios. Lembra Pontón que remitiu unha carta ao presidente da Xunta tras a traxedia en Portugal para mudar o rumbo da política forestal, “que nin se dignou contestar”.

Porque máis aló desta situación extraordinaria, máis aló da existencia de incendiarios, hai un problema de fondo: “A política criminal de abandono programado do medio rural e unha política forestal ao servizo da pasteira ENCE que deriva na eucaliptización do país”, denunciou a dirixente nacionalista.

“Tendo en conta como está o territorio, o lume convértese non só nun problema forestal senón nunha cuestión que afecta á seguridade pública e á seguridade das persoas”, alegou Pontón, que comparte “a dor, a indignación e a rabia que senten miles de persoas” ante o drama desta vaga de lumes.

O BNG foi moi crítico co papelón da radio e da televisión públicas que lonxe de exercer a súa función de servizo público facilitando información á cidadanía ante unha situación de emerxencia nacional, adicáronse a facer seguimento do fútbol e a emitir o programa land rover. “Non nos sentimos representadas por estes medios públicos que pagamos co esforzo de todos e todas”, criticou Pontón, quen reclamou o cese do director xeral dunha CRTVG “só preocupada por facer de escudo do Goberno e difundir o seu relato”.

A portavoz do Bloque demandou da Xunta información fidedigna á cidadanía sobre que vías de comunicación están cortadas, por cales se pode circular é onde hai riscos. “É o mínimo”, salientou a deputada.

A portavoz nacional, así como outros responsables políticos do BNG, realizarán de novo un percorrido para visitar en situ algunhas das zonas máis afectadas polos lumes. En concreto, Pontón desprazarase ao Concello das Neves e Ponteareas, así como outras localidades da zona sur do país, e asistirá á concentración cidadán prevista as 20.00 horas en Vigo.

En paralelo, o Bloque trasladou hoxe mesmo a Comisión Europea a situación que vive Galiza pola vaga de incendios denunciando que a Xunta “desactivou” o dispositivo da loita contra os lumes ademais de precarizar o servizo.

“A falta de prevención pública, as actuais condiciones meteorolóxicas, o abandono do rural e a eucaliptización do territorio son causas desta traxedia que ten provocado mesmo vítimas mortais”, indica a portavoz en Bruxelas, Ana Miranda, na iniciativa.

Por iso, o BNG demanda da Comisión medidas extraordinarias de apoio así como activar o Mecanismo Europeo de Protección Civil para responder ás necesidades inmediatas desta catástrofe. Ademais, pide ao Executivo comunitario que esixa ao Goberno español o cumprimento da normativa de prevención e extinción de incendios.

Fotografía 1: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
Fotografía 2: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.