Skip to main content

Los incendios cobran protagonismo en el pleno del Parlamento gallego. La Xunta dice que es difícil luchar contra los pirómanos y la oposición reclama cambios en la actual política forestal

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

La conselleira del Medio Rural, Ángeles Vázquez, intervino a petición propia en el Parlamento gallego para explicar la situación vivida durante la ola de fuegos. La titular de este departamento defendió el operativo antiincendios y dejó claro que Galicia “estaba preparada para apagar los incendios pero es complicado hacerlo contra los incendiarios”. “Es difícil luchar contra quien planta fuego del lado de las casas, contra el que lo hace en varios puntos a la vez o en horas en las que ya no pueden actuar los medios aéreos”, declaró.

La conselleira, que comenzó su intervención mencionando a los fallecidos durante este “episodio de actividad incendiaria homicida” y agradeciendo la labor de todos y cada una de las personas que participaron en la extinción y en las labores de protección civil de estos días, quiso dejar claro las causas de los grandes fuegos y recordó que el 75% de los incendios que se producen en Galicia son intencionados, pero que durante estos días ese porcentaje se multiplicó.

“Nuestra comunidad sufrió un ataque incendiario sin precedentes”, explicó Ángeles Vázquez, y eso enmarcado bajo unos condicionantes excepcionales: por una parte, unas condiciones meteorológicas extremas, con fuertes vientos (derivadas del huracán Ofelia), altas temperaturas y una muy baja humedad, por debajo del 30%. Las consecuencias de esta “actividad incendiaria desaforada” tuvo como resultado fuegos sin precedentes en Galicia, alguno de los cuales incluso saltaron el Miño en repetidas ocasiones y con frentes kilométricas.

Respeto al operativo desplegado durante el mes de octubre, Ángeles Vázquez insistió en que el refuerzo se hizo antes de la llegada de esta ola de fuegos. En este sentido, señaló que días antes se decidió incorporar a 436 trabajadores del servicio público de extinción que ya habían finalizado sus contratos, además de incrementar el tiempo de trabajo (guardias) de los cerca de 2.283 trabajadores de extinción del dispositivo de la Consellería al nivel propio del alto riesgo, cubriendo las bajas y vacaciones, así como reforzar la contratación de medios aéreos con otros tres helicópteros. Como último paso, la responsable aclaró también que el pasado viernes día 13, debido a la previsión meteorológica, la sequía extrema y al cambio de la predicción del Índice de Riesgo Diario de Incendio Forestal (IRDI), que mudó ese mismo día, se acordó la incorporación de las 125 brigadas de Seaga (que representan el 8% del operativo).

Además, para completar el operativo, fueron movilizadas 600 personas más de la Unidad Militar de Emergencias, así como autobombas y nodrizas. En total, el dispositivo estaba integrado por 350 brigadas, 220 motobombas, 40 palas y una veintena de medios aéreos, unos 5.600 efectivos en total que ya estaban incorporados durante el fin de semana.

“Todo este equipo es el mayor que se tuvo nunca en esta época del año y uno de los mayores de la historia”, declaró Ángeles Vázquez, quien añadió que toda esta gente tuvo que hacerle frente a focos que se sucedían continuada y simultáneamente, multiplicándose en cuestión de minutos.

Aprovechando su comparecencia, Ángeles Vázquez aportó datos sobre la situación de estos días. En este sentido resaltó que, durante la crisis incendiaria, se registraron en menos de 24 horas 34 fuegos en la provincia de A Coruña, 68 en Lugo, 44 en Pontevedra y hasta 70 en Ourense. En el caso concreto de esta última provincia fueron hasta 104 los incendios registrados en 48 horas.

Pese la estas cifras, según trasladó la conselleira, el 64% de los fuegos acontecidos entre viernes y lunes quedaron en conato gracias a la labor de todo el operativo, es decir, 177 fuegos fueron parados antes de que el viento los extendiera. Respeto a la superficie afectada, indicó que está por determinarse ya que ahora la prioridad del personal es la extinción de los fuegos que aún permanecen activos, pero todo parecer indicar que será superior a ardida en lo que va de año. “Para que tengan una idea, en un verano complicado el número de incendios que se produce está entre 40 y 50 por día, en estos días se produjeron alrededor de 125-135”, declaró Ángeles Vázquez, que no se olvidó de recordar la renovación de medios con las 69 motobombas entregadas este año a los distritos forestales y ayuntamientos y 143 nuevos vehículos para las brigadas antiincendios.

Ángeles Vázquez, apeló a la unidad de toda la sociedad y de todos los grupos políticos para acabar con esta lacra social que cada día del año afecta a Galicia. “Hacemos falta todos y tenemos que ponernos del lado de los gallegos, no del lado de los incendiarios”, señaló la conselleira.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou a negativa de Feijóo a explicar a vaga de lumes que provocou catro vítimas mortais e sumiu Galiza nunha situación de emerxencia nacional. Nin o Goberno central nin o galego “estiveron á altura das circunstancias”, nun momento en que milleiros de persoas se sentiron abandonadas en medio das lapas.

Pontón recriminou ao Executivo galego que estivese máis preocupado “por construír un relato exculpatorio” que por asumir as súas responsabilidades para afrontar unha situación previsible.

"Resulta indiscutíbel que as condicións meteorolóxicas foron extremas, si. Pero eran previsíbeis e vostedes eran conscientes de que Galiza atravesa unha das maiores secas das últimas décadas”, argumentou Pontón, e aínda así a Xunta mandou para casa a 936 traballadores do servizo de loita contra o lume.

Nese empeño en construír un relato exculpatorio baixo o paraugas do “terrorismo incendiario”, Pontón salientou que existen lumes intencionados, como sempre houbo, pero non explican o que pasou.

“Todas condenamos a quen prende lume e pedimos que a xustiza actúe. Pero terrorismo incendiario é que Ence dite a política forestal, terrorismo incendiario é o abandono programado do medio rural, terrorismo incendiario é a política dun goberno que leva 30 anos empeñado nunha política forestal fracasada que converte o monte nun polvorín. E así seguirá mentres persistan en facer do lume un negocio, en vez de facer do coidado do monte un elemento de riqueza”, denunciou.

Para evitar que se repita a tráxica vaga de lumes de novo, o Bloque propón abrir un debate profundo para mudar a política forestal, para apostar por limpar e ordenar o monte e polo seu aproveitamento multifuncional.

“Hai que pensar a medio e largo prazo. Ou se cambia a política forestal, se loita contra o abandono do rural, se toma en serio que hai un cambio climático, se toman medidas en relación a un territorio totalmente desordenado ou dentro de cinco, seis anos, dará igual que estea sentado no Goberno, volveremos a ter o mesmo problema”, replicou Pontón á conselleira de Medio Rural.

No inmediato, a portavoz nacionalista demandou unha investigación do funcionamento de todo o dispositivo nesta vaga de incendios, así como axudas directas para os particulares afectados, para os concellos e para a reposición dos bens públicos. Igualmente, medidas para evitar a erosión e que as cinzas cheguen as rías e un plan inmediato para garantir as franxas de protección arredor das vivendas, edificios e infraestruturas.

“Galiza non é un pobo de incendiarios”, proclamou Pontón ante o reiterado argumento da conselleira de Medio Rural, “é un país que precisa un Goberno que non teña como máxima preocupación construír un relato para ver a quen lle bota a culpa ou se houbo antes alguén que o fixo peor, porque con esa política nunca poderemos avanzar”.

As primeiras palabras da portavoz nacional foron para as familias das catro vítimas dos lumes, “de cariño e de alento”, ás que seguiron o recoñecemento a todas as persoas que traballaron con tesón, valentía e solidariedade na extinción do lume e, finalmente, expresou o seu orgullo por o pobo galego que demostrou a súa capacidade de auto organizarse e dar resposta nunha situación na que milleiros de persoas se sentiron abandonadas.

Orgullo que fixo extensivo a toda a cidadanía que saíu a rúa expresar que está “farta das mentiras, da incompetencia e de ver como se alimenta a industria do lume”, subliñou Pontón.

A portavoz nacional tamén criticou o apagón informativo do domingo por parte dos medios públicos, RTVG, que cando debían facilitar información útil e transparente ante unha situación de emerxencia nacional, emitían información futbolística ou de humor co programa land rover. Unha falta de información que motivou miles de protestas e pola que os responsables deberían ser cesados.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“Estes días caracterizáronse por vermos un Goberno da Xunta desaparecido e totalmente incapaz, e amosouse unha vez máis que só o pobo é quen de salvar o pobo”. Así comezaba a deputada Paula Quinteiro a súa intervención no debate da Proposición de Lei de corresponsabilidade parental no cese da convivencia, punto co que comezou a sesión plenaria no Parlamento de Galicia trala negativa do PP de alterar a orde do día, ante a petición dos tres grupos da oposición de comparecencia de Feijóo para dar conta da xestión da vaga de incendios.

A deputada de En Marea sinalou que “non debemos extender o apagón informativo que houbo nas radios e teles públicas a esta Cámara” e rexeitou a pretensión do PP de darlle á sesión plenaria unha “apariencia de normalidade que non é tal, pois o pobo falou onte na rúa e hoxe aquí deberiamos estar falando única e exclusivamente da situación de emerxencia que vive este país, das políticas que impidan que se repita no futuro unha situación semellante e das responsabilidades políticas que se deben depurar.

“Pero o PP non quere escoitar os millerios de persoas que onte sinalaron aos culpables e as politicas que están detrás desta traxedia, prefire obvialo”, reiterou Paula Quinteiro durante a súa intervención. “Queremos manifestar o noso máis profundo respecto ás persoas que promoven a iniciciativa lexislativa da custodia compartida, debate no que En Marea leva traballando moito tempo, pero consideramos que hoxe a prioridade é falar da vaga de incendios e da súa pésima xestión.”

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, retiroulle a palabra á parlamentaria de En Marea tras chamala á cuestión en tres ocasións. Os deputados de En Marea farán o mesmo en todas e cada unha das intervencións durante esta xornada en sinal de protesta pola “falsa normalidade” que pretende impoñer o PP coa súa maioría absoluta e facendo oídos xordos “á voz do pobo”.
R.