Skip to main content

Los últimos incendios arrasaron unas 35.000 hectáreas, más que en 2014, 2015 y 2016 juntos. La Xunta de Galicia aprueba un decreto de ayudas para loa afectados por los fuegos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

La Xunta trabaja intensamente en la cuantificación de los daños tanto personales como ambientales ocasionados por la actividad incendiaria que asoló nuestra Comunidad desde el domingo 15 de octubre. Estas primeras estimaciones permitirán determinar qué actuaciones es preciso adoptar para brindar a las personas que perdieron sus viviendas habituales todo el apoyo necesario e iniciar las tareas de recuperación y regeneración del medio natural.

La estimación provisional de la que se dispone hasta este momento es de alrededor de 35.500 hectáreas de superficie afectada durante la pasado fin de semana. Una cifra a la que habrá que añadir a las 12.600 ha que habían ardido hasta ese momento.

El Consello de la Xunta aprobará un paquete de ayudas que incluirá aportaciones para reconstruir y recuperar las viviendas habituales, el antes posible, y medidas de asesoramiento legal para orientar a los afectados y a sus familiares con los trámites necesarios.

El ejemplar trabajo de la totalidad de los efectivos que integraron el operativo antiincendios permitió que ahora ningún fuego permanezca activo y evitó que habíamos tenido que lamentar consecuencias mayores las ya vividas.

El Gobierno gallego lamenta profundamente la pérdida de vidas y traslada a sus familiares sus condolencias y todo su pesar. También hace un llamamiento a la unidad de la sociedad en la lucha contra esta lacra y reitera su condena firme y enérgica la actividad incendiaria, esperando que sobre los responsables de este terrorismo incendiario recaiga todo el peso de la ley.

Tal y como ya avanzó el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, el Gobierno gallego ya está trabajando con la primera prioridad de ofrecer todo el apoyo que precisen las personas que perdieron su vivienda habitual. Así, se pondrán en marcha medidas para prestar asesoramiento a las familias para orientarlas y acompañarlas en los trámites pertinentes y se habilitarán ayudas económicas para reconstruir y recuperar las viviendas habituales en el menor tiempo posible.

A este paquete de ayudas para reparar los principales daños patrimoniales ocasionados, se irán sumando otras iniciativas relacionadas, por ejemplo, con los daños ambientales. En esta línea, una de las acciones será minimizar el impacto que pueden tener los fuegos en las rías, para lo cual el Ejecutivo gallego ya está cartografiando los lugares que presentan mayor riesgo de erosión, así como definiendo las técnicas correctoras para aplicar.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo acusou á Xunta de “non poñer tódolos medios para evitar semellantes traxedias, como a perda de casas e mesmo de vidas humanas” polos lumes forestais. Así o dixo no debate dunha interpelación na que censurou a redución dos orzamentos da Xunta para impulsar o rural galego.

Rodríguez Rumbo reivindicou que “poñan tódolos medios para evitar que volva suceder” unha vaga de lume forestal coas dramáticas consecuencias que se viviron nesta fin de semana. Comparou esta situación co Prestige, un accidente convertido en traxedia pola nefasta xestión do PP na que a sociedade “respondeu hoxe loitando contra o lume con tinas de auga como daquela se lanzaba ás praias a retirar o chapapote coas súas mans”.

Puntualizou que “non os culpamos dos incendios, faltaría máis, e condenamos a calquera que prenda lume, pero si que son responsables de non poñer os medios para evitar as tráxicas consecuencias”, reiterou. A responsable socialista criticou hoxe á Xunta por ter reducido de 20 a 8 millóns de euros a partida para acondicionamento dos camiños rurais e garantir o acceso ás fincas “tamén dos medios para apagar os lumes”.

Criticou ademais o desinterese do goberno galego pola petición da Fegamp de axuda para limpar as franxas de protección dos lumes nos núcleos rurais, que foi desbotada polo goberno galego. Acusounos de ter unha “concepción bucólica do rural”, e puntualizou que “eu quero vivir no rural, pero como unha muller do século XXI, non como se vivía antigamente”.

Neste sentido, acusou ao presidente da Xunta de “gobernar cara a galería” centrado na “publicidade e propaganda” e anunciando a Lexislatura do rural, que en realidade, puntualizou, “é a lexislatura do esmorecemento e do abandono do rural”. Neste sentido criticou a caída de orzamentos para o rural, e sinalou que deixaron sen executar 100 millóns de euros no plan para evitar o despoboamento do rural.

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle á conselleira de Medio Rural o desbloqueo do borrador do novo Plan Forestal, que mantén “agochado nos despachos da Xunta” dende a súa presentación a finais do mes de xuño. O responsable socialista así llelo dixo hoxe no debate dunha interpelación presentada no Pleno do Parlamento.

Quiroga reclamou a posta en marcha do novo Plan, que debe substituír ao actual, que data de 1992 e se ten demostrado obsoleto, pero coa participación dos representantes do sector e dos representantes políticos. Advertiu que o texto co que conta o goberno galego foi elaborado pola empresa Tragsatec “sen a participación de asociacións, entidades, profesionais e ninguén cun interese no futuro forestal galego”.

Sinalou que, “por moito que o goberno galego diga que está recibindo aportacións para a elaboración do Plan, o certo é que nin o Consello Forestal, nin o sector madeireiro nin as asociacións ecoloxistas teñen visto diante o borrador, e polo tanto non puideron ofrecer aportacións para melloralo”.

O responsable socialista urxiu a realizar “un bo Plan Forestal, que constitúa o elemento central da loita contra o lume e que conte co máximo consenso, para o que é imprescindible a participación dos sectores implicados”. Sinalou que actualmente en Galicia hai 2,1 millóns de hectáreas de superficie forestal, das que 1,5 están ocupadas por bosques e distintos cultivos silvícolas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea trasladou hoxe ao Parlamento a necesidade de restituír as competencias e funcións do corpo de Axentes Medioambientais, dependentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e da Consellería de Medio Rural. O encargado de defender a iniciativa foi o deputado Davide Rodríguez, que en días pasados xa preguntara en Comision polo motivo da eliminación dos vehículos oficiais dos axentes medioambientais, das cores específicas, o vinilo coa imaxe corporativa da Xunta de Galicia e o servizo ao que pertencen, así como da non dotación a esa flota de sistemas de iluminación prioritaria e da inexistencia dunha uniformidade regulamentada
Os Axentes Medioambientais ou Axentes Forestais son funcionarios e funcionarias que ostentan a condición de axentes da autoridade pertencente á Administración Pública galega e que, dacordo coa súa propia normativa ten encomendadas, entre outras funcións, as de vixilancia, policía e custodia dos bens xurídicos que conforman o patrimonio natural, e a de policía xudicial en sentido xenérico tal como establece o apartado 6 do artigo 283 da Lei de Axuizamento Criminal, actuando de forma auxiliar dos xuíces, tribunais e do Ministerio Fiscal.

“Eles son un dos piares máis importantes do servizo para evitar que ocorra o que pasou esta pasada fin de semana”, lembrou Davide Rodríguez, que cuestionou o recorte de funcións por parte da Xunta. “Quéixanse da falta absoluta de directrices dirixidas ó colectivo e a inexistencia de coordinadores-enlaces entre as Direccións Xerais e os Distritos e Xefaturas de Conservación da Natureza que “encaucen”, supervisen e dirixan as directrices en cuestión, e que a súa vez, doten ou propoñan aquelas necesidades de formación e medios técnicos para a realización dos distintos traballos encomendados”.
Para o parlamentario de En Marea é obvio que á Xunta non lle interesa que haxa tantos “ollos especializados” sobre un territorio, onde con carácter xeral, está presente a súa maior base social de votantes. “Canto menos organizados, formados e dotados, mais ambiguedade, deixadez, e por tanto, menos presión sobre os administrados”, denunciou Davide Rodríguez.

A iniciativa de En Marea solicita a integración dos axentes medioambientais no servizo do 112 Galicia e habilitar o corpo de axentes dependentes do corpo de Medio Ambiente de medios de defensa persoal para o exercicio das novas tarefas policiais. A maiores Rodríguez defendeu a necesidade de facer unha campaña institucional divulgativa sobre a labor que realizan, ademais de habilitar un teléfono de atención ao cidadán para denuncias medioambientais.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Tras a dramática vaga de lumes que colocou Galiza nunha situación de emerxencia, a portavoz nacional, Ana Pontón, considerou “imprescindible” pedir explicacións ao presidente da Xunta tanto sobre a xestión dos lumes como das medidas para enfrontar unha situación que deixou catro vítimas mortais, miles de desaloxados, centos atrapadas na autoestradas, vivendas e negocios queimados e un país arrasado.

“E o grave é que era unha traxedia anunciada”, salientou Pontón, quen instou a Feijóo a asumir a súa responsabilidade e recoñecer que se equivocou ao recortar medios nun momento en que as condicións era extremas.

“Ninguén discute que Galiza viviu unhas condicións meteorolóxicas extremas, nin tampouco que hai quen prende lume. Precisamente por iso resulta tan incomprensible e tan irresponsable a actuación do seu Goberno: no medio dunha seca sen precedentes, nun mes de outubro con incendios diarios, e cun furacán ás portas decide recortar medios”, denunciou a portavoz nacional durante a sesión de control no Parlamento.

Neste escenario, criticou Pontón, “despide a case mil traballadores do servizo de extinción e proclama que isto non terá consecuencias porque, cito literal, o risco de incendios na zona Atlántica baixou de forma evidente”.

“Supoño que recoñecerá que se equivocou e asumirá a súa responsabilidade”, reclamou, “é o mínimo que lle debe ás miles de persoas que saíron á rúa para dicir lumes Nunca mais, que se sentiron abandonados pola falta de medios e indignadas pola manipulación informativa, igual que no Prestige, débello aos miles de cidadáns que pasaron medo, e ás persoas que perderon absolutamente todo”.

Ante a situación de emerxencia nacional que viviu Galiza, a portavoz nacional pediu a Feijóo que non elixa “esconderse detrás do relato, detrás da teoría do terrorismo incendiario para eludir a responsabilidade de seguir coa mesma política forestal fracasada e criminal dos últimos 30 anos, que converteu Galiza nun polvorín”.

Pola contra, convidou ao presidente da Xunta a un “cambio de rumbo na xestión forestal para enterrar o negocio do lume e substituílo polo negocio da limpeza, da ordenación e da posta en valor do monte”. Arrancar este camiño é máis urxente ca nunca porque o cambio climático, indicou, “pon en xogo o futuro do noso territorio, pero tamén a seguridade das persoas”.

Neste sentido, Pontón lembrou que, tras a traxedia de Portugal, remitiu unha carta ao presidente da Xunta para iniciar un debate en profundidade para mudar a política forestal, deixar de eucaliptizar Galiza a maior gloria de ENCE e apostar por limpar o monte e polo seu aproveitamento multifuncional. “Nin sequera se molestou en contestarme”, lamentou.

No curto prazo, o Bloque tamén formulou unha serie de propostas desde a responsabilidade política “que non tivo o PP cando estaba na oposición” e co compromiso expreso da portavoz nacional de que o BNG “nunca vai utilizar ás vítimas dos lumes para facer campaña electoral como fixo vostede”, subliñou Pontón, sen mencionar as declaracións de Feijóo plasmadas no titular de prensa “con nós non morría xente nos incendios, con eles catro persoas”.

Entre as proposta concretas, crear unha comisión especial que estude e investigue a xestión da vaga de lumes, depure responsabilidades e permita corrixir os erros, a posta en marcha dun plan urxente e con dotación económica para garantir as franxas de seguridade, axudas para todos os afectados, particulares e concellos.

Igualmente, abrir o debate para un cambio de rumbo na política forestal “para que Galiza deixe de ser pasto do lume”, concluíu Pontón, tras volver a amosar a solidariedade do BNG coas vítimas, e de recoñecer o labor titánico de todas as persoas que loitaron contra o lume e o orgullo polo pobo galego autoorganizado para enfrontar as lapas.
R.