Skip to main content

Desciende el número de parados en Galicia en 19.800 personas, según la EPA. El número total de parados es de 181.700, la menor cifra en 8 años

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzó la puesta en marcha de la segunda edición del programa Fábrica Inteligente para dar un nuevo ánimo a la innovación como base del nuevo modelo industrial.

Durante la rueda de prensa del Consello, Feijóo precisó que esta segunda edición, que contará con algo más de 18 millones de euros –que se suman a los más de 55 millones ya acercados con este objetivo el pasado mes de junio-, movilizará un total de 60 millones de euros. En total, entre ambas convocatorias, se movilizarán 228 millones de euros.

Como principal novedad, el responsable del Gobierno gallego subrayó que en esta convocatoria se podrán beneficiar de este programa pequeñas empresas, mientras que su primera edición estaba destinada a las grandes y medianas compañías. Y, para esto, se rebaja el umbral mínimo de presupuesto de los proyectos desde 20 millones de euros hasta 4 millones.

Hace falta subrayar que esta iniciativa arranca hoy con la publicación en el DOG de una consulta al mercado, que permitirá conocer el interés que existe por desarrollar en Galicia proyectos en el campo de la industria 4.0. Después, a principios de 2018, se publicará la convocatoria correspondiente.

Después de resaltar que podrán acceder al programa Fábrica Inteligente tanto proyectos individuales como otros hechos en colaboración, Feijóo precisó que la ayuda pública cubrirá entre el 25 y el 80% del presupuesto del proyecto, según el tipo de iniciativa y de empresa.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, sinalou que os orzamentos da Xunta para o ano 2018 “fracasan á hora de impulsar o crecemento económico e a recuperación do emprego”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Facenda na Comisión de Orzamentos, na que alertou dunha ralentización na recuperación económica de Galicia.

A responsable socialista explicou que mentres a economía medra un 4 por cento nominal, os orzamentos da Xunta redúcense un 2,35 por cento con relación ao consolidado de 2017, “o que se vai traducir nunha ralentización na recuperación económica”. Ademais, co crecemento do emprego previsto pola Xunta “non volveremos aos niveis de 2009 ata antes de 2024”.

Explicou que malia ao obxectivo previsto de crear entre 80.000 e 100.000 empregos nesta lexislatura cun PIB do 2,5 por cento, cun crecemento aínda maior do previsto, tan só conseguiron crear 14.600 empregos.

Sinalou a falla de iniciativas do goberno para mellorar os datos de emprego coñecidos hoxe, que evidencian que o número de ocupados medrou en Galicia un 1,38 por cento, a metade do 2,82 por cento rexistrado no conxunto do Estado. Mentres, os parados diminúen a menor ritmo que no conxunto do Estado, cando máis da metade das familias galegas teñen dificultades para chegar a fin de mes -52 por cento-.

Rodríguez Rumbo sinalou aos baixos datos de execución orzamentaria no terceiro trimestre de 2017, que provocan “un crecemento insuficiente e desigual” e explican o mal comportamento da creación de emprego de Galicia. Advertiu que a Xunta deixou sen investir 263 millóns de euros do programa de Promoción do emprego, no que só executaron o 25,1 por cento.

Criticou que o crecemento rexistrado supón o incremento do emprego precario e polo tanto dos traballadores pobres, das familias con dificultades para chegar a fin de mes, e aínda hai 61.700 familias con tódolos seus membros en paro, o que evidencia que o emprego “non é unha prioridade para este goberno”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) cualifica de «insostible» un crecemento do emprego baseado na precariedade. Os datos da última enquisa de poboación activa (EPA) ratifican as conclusións dun estudo presentado polo sindicato o luns desta semana, en que fica de relevo a asociación entre a pobreza e a precariedade laboral.

Segundo a EPA, en Galicia creáronse 23.600 empregos no terceiro trimestre de 2017 (+2,25 %) e o número de persoas ocupadas subiu ata 1.072.500. Malia esta suba, quedarían por recuperar 143.900 empregos para volver aos valores de hai nove anos, antes da crise.

Alén disto, o 13 % da poboación ocupada ten un posto de traballo a tempo parcial. Este tipo de xornada, como xa alertaba CCOO no seu estudo, reflicte a precariedade do mercado laboral galego, pois en seis de cada dez casos non responde a un desexo dos traballadoras e traballadoras e só un 7 % afirmou buscala.

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, coida que os anos de aplicación de políticas de austeridade e reformas estruturais axudaron a tornar «crónica» a precariedade do emprego no noso mercado laboral. A precariedade laboral, ademais, «conduce a unha vida precaria e menoscaba a dignidade das persoas», sentencia a sindicalista, ao tempo que salienta que a precariedade trouxo consigo «o fenómeno da pobreza laboral: traballar e ser pobre».

Para Bouza, as taxas de precariedade no noso mercado laboral son «intolerables e insoportables», especialmente no caso da poboación máis nova: tres de cada catro persoas menores de 25 anos que están a traballar, fano con contratos eventuais.

Na súa opinión, con estes vimbios dificilmente chegará a recuperación económica ás persoas e ás súas familias. Para que a situación mude cómpre un cambio normativo no Estado e en Galicia que cambie o actual escenario, isto é, que se favoreza «de xeito decidido» a contratación estable sobre a precaria.

A sindicalista fai tamén un chamamento ao empresariado e ás Administracións públicas para reduciren a precariedade en todos os sectores produtivos mediante a negociación colectiva. Bouza defende que se poden introducir nos convenios medidas que atallen a precariedade e a eventualidade.

A secretaria de Emprego de CCOO fai este chamamento cun ollo posto, tamén, nos orzamentos autonómicos que se están a tramitar no Parlamento galego, «os cales non vemos que vaian incidir na estrutura do emprego en Galicia, porque tampouco apostan polo cambio de modelo produtivo que levamos demasiado tempo xa a reivindicar».
R.