Skip to main content

El PSdeG reclama que se movilicen 550 millones de euros en los presupuestos gallegos para la prevención de incendios, el empleo y los servicios

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O responsable socialista sinalou así as prioridades das propostas socialistas, que inclúen a reactivación das políticas activas de emprego e o reforzo de medios na sanidade e educación. Propón recuperar o reforzo dos programas de estudo de linguas estranxeiras e as bolsas de estudos, así como o combate contra a pobreza e a favor da integración social.

Os socialistas incluirán ademais programas medioambientais dirixidos sinaladamente á loita contra os incendios, centrados na prevención, así como no tratamento de augas e saneamento. Outro grupo de propostas irá dirixido ao impulso da actividade económica, incluíndo o reforzo do I+D+i ou a política de vivenda na Comunidade Autónoma.

Fernández Leiceaga explicou que o Grupo Socialista prevé aumentar o orzamento global ata os 11.053 millóns de euros, en primeiro lugar incrementando a recadación fiscal en 300 millóns de euros grazas aos impostos directos e medioambientais e aumentando a progresividade fiscal para as maiores fortunas e compensando a maior regresión e a desigualdade.

O responsable socialista propuxo ademais reducir en 178 millóns de euros os “gastos innecesarios” que destina o goberno galego a asesores e gastos improdutivos, relacionados coa publicidade e propaganda e gastos inmateriais. Considera “insostible” e “non razoable” que o goberno teña actualmente 2 asesores por cada alto cargo e reclama un “esforzo de austeridade real”.

Os socialistas reclaman reducir o número de “postos políticos” da administración autonómica ata un “gasto razoable en persoal de confianza” para que supoña tan só a metade da carga salarial dedicada aos altos cargos, ademais do aforro en publicidade e propaganda.
R.