Skip to main content

15 años de la catástrofe del Prestige: Feijóo dice que hay más recursos y la oposición dice que las costas gallegas aún no están protegidas

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

Respecto do 15 aniversario do accidente do Prestige, o portavoz popular considerou que actualmente “estamos mellor preparados” ante unha catástrofe deste tipo, “fundamentalmente pola propia experiencia e grazas ás medidas adoptadas desde entón”. Porén, manifestou que “desde o accidente sempre tiven a impresión de que puxemos pouca énfase nas cuestións relacionadas co tráfico internacional de substancias perigosas polo corredor de Fisterra”.


Neste sentido, lembrou que “a única condena foi a do capitán, ao mando dun buque con defectos estruturais, con sobrecarga e que desobedeceu ás autoridades españolas”. “Non deixa de resultar sorprendente que buques con defectos estruturais poidan ter permiso de navegación, cun seguro insuficiente para cubrir os danos que poidan causar, que os entramados empresariais faciliten que nun accidente deste tipo desapareza o máximo responsable do buque; ou que e a propia Unión Europea aínda non fixera obrigatorio o dobre casco”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“Se hai algo peor que o chapapote no mar e o lume na terra son os políticos de papel que fan bonitas promesas que logo non cumpren”. Así comezou o voceiro de En Marea Luís Villares a súa intervención con motivo do 15º Aniversario da catástrofe do Prestige, no que “seguen sendo noticia as facturas pendentes de pagar e a ausencia de medidas para evitar que algo semellante volva acontecer”. Villares tamén se referiu ao Plan Nacional de Continxencias por contaminación mariña, que tardou máis de dez anos en ser aprobado sen que dende entón “se fixera ningún tipo de simulacro” no que se testen as actuacións previstas ante unha nova situación deste tipo.

“Non houbo máis resposta que a decisión do PP de premiar oas incompetentes mellorando a posición dos responsables da catástrofe”, denunciou Luís Villares en referencia ao “señor de los hilillos convertido en presidente do Goberno do Estado ou aoecambio de Cuiña que hoxe é presidente da Xunta, mentres as medidas quedaron en papel mollado por un mar que segue ameazado pola incompetencia”.

“Que pasaría hoxe se o Prestige se volvese producir, está operativo un mando único, estaría determinado un porto de refuxio, contariamos con remolcadores a disposición e un plan de xestión para o voluntariado de producirse unha nova marea negra?” preguntouse Villares para quen todas estas respostas “están máis cerca do non que do si”.

Para En Marea a xestión do Prestige hai 15 anos é comparable á levada a cabo por Feijóo durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro, onde o presidente da Xunta tamén perdeu o control da situación durante máis de dez horas. “Un presidente queimado que tenta rexenerar a súa imaxe con medidas que veñen a ser unha gran máscara de Entroido”, sinalou Villares.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Tres lustros despois do Prestige Galiza está en peor condicións para afrontar unha catástrofe similar porque, lonxe de adoptar as medidas prometidas e necesarias, camiñouse cara unha privatización do servizo de salvamento e loita contra a contaminación mariña que deixan á costa galega nunha situación de total indefensión.

Así o considera a portavoz nacional, Ana Pontón, quen critica a vixencia das mentiras que fai quince anos se sumaron á loita do pobo galego contra o chapapote: “Non podemos esquecer que a voz do goberno da mentira era naquel momento o señor Mariano Rajoy, quen nos dicía que non había marea negra e que simplemente estábamos ante os hilillos de plastilina. Os hilillos de platilina de onte vemos que son as mentiras de hoxe e non podemos esquecer o dano e a desprotección que causaron os gobernos do PP ao noso país”, salientou Pontón.

De tal xeito que “ningunha das promesas do PP se fixo realidade, unha mostra máis do trato e da consideración que ten Galiza para o PP”, denunciou a dirixente do Bloque.

Por contra, tanto desde Madrid como desde a Xunta levouse a cabo unha privatización progresiva do servizo de salvamento e de loita contra a contaminación mariña, “porque o PP aposta por facer negocio coa seguridade da nosa costa e da xente do mar”, criticou Pontón, quen advertiu das conexións entre a privatización dos helicópteros de salvamento coas irregularidades dos helicópteros de loita contra os lumes.

Así, o Bloque denuncia a venda en 2012 por parte de Feijóo de dous helicópteros de salvamento pola metade dos 27M€ que custaron en 2005, precisamente á mesma empresa, -INAER-, beneficiaria da suposta adxudicación irregular dos helicópteros de extinción. “Vemos como o escuro negocio da loita contra os lumes e do salvamento marítimo ten conexión, polo que o BNG vai pedir os expedientes e unha explicación no Parlamento”, avanzou Pontón.

O único positivo do que foi a maior catástrofe ambiental do século XXI en Galiza foi a reacción de coraxe, autoorganización e dignidade do pobo galego loitando contra o chapapote do Prestige “e contra o chapapote das mentiras, da neglixencia e da incompetencia dos gobernos do PP no Estado e na Xunta”. Para honrar esa loita, o BNG vai levar á Cámara a proposta de designar o 1 de decembro Día da dignidade nacional de Galiza “en recoñecemento a todos os galegos e a todas as galegas que deron esa loita e que berraron nunca máis fronte a incompetencia do Goberno, e porque é unha débeda con ese espírito colectivo que puxo Galiza no mundo e que nos devolveu a dignidade”, alegou Pontón.

O Bloque tamén presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para protexer a costa galega, pola que transitan a diario un centenar de embarcacións das que o 33% transportan mercadorías perigosas, medida que enumerou a portavoz parlamentaria de Pesca, Montse Prado, empezando pola “transferencia á Xunta das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación, porque o mar galego non pode estar xestionado desde Madrid”.

En segundo lugar, reverter a privatización da xestión do servizo de gardacostas, “para que estea ao servizo da nosa costa e da xente do mar e non para que fagan negocio as empresas privadas”, recalcou Prado. Igualmente, o Bloque propón elaborar un Plan de continxencia de loita contra a contaminación, recuperar o proxecto de investigación das mareas negras, recuperar o seguimento da saúde das persoas que participaron en primeira liña na limpeza do chapapote e facer un seguimento do estado no que se atopan as zonas afectadas pola marea negra.

Hai que desandar o camiño da propaganda, dos incumprimentos e da privatización percorrido polos gobernos do PP, porque Galiza segue a ter a taxa de sinistralidade máis alta de Europa.
R.