Skip to main content

El PPdeG promueve un acto de entrega de carnés con más de 600 nuevos afiliados

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou que o sábado día 25, o partido celebrará unha entrega de carnés na que reunirá a todos aqueles que nos últimos meses se quixeron unir a esta gran organización, tendo confirmada xa a asistencia duns 180 novos afiliados.

Tal e como avanzou, neste evento, o presidente Alberto Núñez Feijóo, os presidentes provinciais e outros cargos serán os que realicen a entrega, tendo “a oportunidade de darlle persoalmente, cara a cara, as grazas a todos e cada un dos que queiran participar”. Nese senso, destacou que unha mostra de que o proxecto do PPdeG está máis vivo que nunca é que nos últimos catro meses recibiron 600 novas afiliacións, cun perfil do afiliado variado que comprende todas as idades.

Nese senso, Tellado remarcou que “desde o Partido Popular de Galicia cremos que esta vai ser unha gran festa para a nosa organización, tanto polas dimensións do acto como pola alegría que nos produce; cremos que somos a única formación que hoxe en Galicia pode permitirse xuntar a varios centos de novos afiliados para celebrar a nosa unidade e a ilusión compartida de sermos parte dun mesmo proxecto político; e cremos que, mentres sigamos tendo novos afiliados así de ilusionados, seguiremos sendo o Partido que máis se parece a Galicia por moito tempo”.

Na súa intervención, Tellado sinalou que cando os populares din que son o partido máis importante da Comunidade, non o fan como unha loanza aos seus líderes, aos seus cadros ou aos seus cargos electos nas institucións. “O Partido Popular de Galicia é o máis importante da nosa Comunidade porque así o queren os galegos e galegas, que cada vez que se abren as urnas confían en nós para sermos a forza máis votada”, subliñou.

Segundo indicou o número dous dos populares galegos, “a verdadeira forza do noso partido reside na cantidade de persoas que optan por nós para que melloremos as institucións e contribuamos a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”. Pola súa parte, engadiu que os populares, “non sabemos, entender a política sen o contacto coa rúa, coa xente, por iso sabemos que a nosa principal fortaleza reside en que en cada recuncho de Galicia hai persoas que están dispostas a enarborar publicamente a bandeira do Partido Popular”.

“Eses son os nosos afiliados, que día a día contribúen co seu traballo, o seu esforzo e mesmo con recursos propios para facer que a nosa organización siga medrando”, manifestou Tellado, quen recoñeceu que, como secretario xeral, “é un orgullo saber que cada día temos novas solicitudes de afiliación ao noso partido, que chegan a través das nosas sedes locais e provinciais”.

Por ese motivo, insistiu en que desde a sede autonómica da súa formación consideran que é o momento de facerlle unha homenaxe aos seus afiliados, entregándolles por unhas horas unha parte do protagonismo que consideran que merecen.
R.