Skip to main content

Conde destaca que Galicia é a terceira comunidade que vai rexistrar un maior incremento de fondos para políticas de emprego

E, deles, 5,7 millóns son os que van destinados a impulsar a formación de persoas desempregadas e ocupadas. Estes fondos adicionais, dixo, “van permitir chegar a máis desempregados e a máis ocupados para dar resposta ás necesidades que ten o tecido produtivo en formación, e vinculadas aos novos perfís profesionais cada vez máis exixentes, sobre todo, polo impacto das novas tecnoloxías”, abondou.

Nesta liña, destacou que, no conxunto de España, Galicia está a tomar a dianteira no relativo á cualificación para o emprego, con programas que están a ser pioneiros ao incentivar a formación á medida das necesidades das empresas.

Ao respecto, mencionou as Unidades Formativas, cun orzamento de 9,5 millóns de euros, para ofrecer formación á carta para máis de 5.000 profesionais en activo ou desempregados; así como os obradoiros duais de emprego, con preto de 30 millóns de euros de presuposto para máis de 2.350 desempregados, que combinan un contrato de formación e aprendizaxe cun posterior contrato laboral. Tamén citou os programas de formación á porta, con 4,3 millóns de euros, que están a levar por 27 concellos rurais máis de 30 cursos de formación para case 500 menores de 30 anos. E, na mesma liña, referiuse aos programas sectoriais en ámbitos estratéxicos como a automoción ou o naval.

Máis galegos contratados e con contrato estable

Conde sinalou que todos son exemplo da aposta do Goberno galego por mellorar a empregabilidade e a cualificación dos traballadores e traballadoras galegas a través da formación e contando coa implicación das propias empresas, tendo en conta a influencia que as tecnoloxías están a ter na industria.

Neste contexto, o conselleiro salientou que Galicia comeza a ver os primeiros froitos desta aposta polo emprego estable e de calidade porque neste momento supera o millón de afiliacións tras máis de 4 anos de incrementos consecutivos. Son, dixo, máis galegos e galegas contratados e máis galegos e galegas con contrato estable.

De feito, resaltou que en 2017 os contratos temporais convertidos a indefinidos superan a cifra máis alta desde o 2008. E no primeiro semestre deste ano convertéronse en indefinidos 20.654 contratos, 114 ao día; o que supón un 19% máis con respecto ao período de 2017.
R.