Skip to main content

Galicia consolídase como a Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas

Os datos do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as comunidades autónomas. Pese a este cambio, Galicia mantense un mes máis entre as comunidades que mellor pagan aos seus provedores.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en marzo situouse no 0,07%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial de Galicia é case a quinta parte que a da media autonómica (0,33%), logo de que Galicia conseguira reducir este indicador ata rebaixalo aos 46,5 millóns de euros.

Estes datos confirman que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
R.