Skip to main content

Un total de 194 concellos e mancomunidades están adheridos á Rede Galega contra a Violencia de Xénero

A Rede ten como obxectivos promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detección precoz de situacións de risco, mobilizar e implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, fomentando unha actitude crítica, solidaria e comprometida fronte a situacións de maltrato, fomentar o trato igualitario entre mulleres e homes e conseguir a tolerancia cero coas persoas agresoras.

Para o Goberno galego as entidades locais son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tratarse das administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.

Cabe resaltar que os concellos que estean adheridos á Rede obterán máis puntuación nas axudas da Secretaria Xeral da Igualdade, tanto nas destinadas ao mantemento dos Centros de Información á Muller, como nas axudas aos programas de conciliación e corresponsabilidade, e o de violencia de xénero. Ademais de participar en numerosas actividades, como obradoiros, talleres, ou actividades lúdicas ou deportivas postas en marcha en marcha polo goberno galego e que non comportan custo económico algún para o concello, enmarcadas todas elas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.
R.