Skip to main content

Estréase a ruta dos mosteiros dos 'Trens Turísticos de Galicia' con todas as súas prazas esgotadas

Inclúense saídas da Ruta do Viño Monterrei, da Ruta dos Viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra ou da Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Sil, con dúas saídas en cada caso. Tamén haberá unha máis do tren da Ruta da Lamprea.

Nas vindeiras semanas sairán dúas rutas máis con importantes novidades: o tren Lugo Romano, o 30 de setembro e o 20 de outubro, que contará con teatralizacións a bordo con actores caracterizados e o Tren Ourense Termal e Versalles Galego, o 7 e 27 de outubro. En ambos casos conxugarase patrimonio, turismo urbano e termalismo.

Turismo de calidade e sustentable

Os Trens Turísticos de Galicia 2018 son unha proposta de turismo aliñada co modelo turístico galego plasmado na Estratexia do turismo 2020, de experiencias auténticas e de calidade. A edición deste ano conta cun total de 12 itinerarios diferentes que permiten coñecer as catro provincias galegas.

Inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús a un prezo por ruta de 40 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 o máis adultos) e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes pódense adquirir na web de Renfe. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia ou no teléfono 912 555 912 da Central de Reservas de Trens Turísticos.
R.